dirección: XOSÉ LEIS
actriz: ESTÍBALIZ VEIGA
produción: BERNARDINO MARTÍNEZ
distribución: CARLA LÓPEZ
espazo escénico: aAntena
espazo sonoro: aAntena
estilismo: XOSÉ VEIGA
público : ADOLESCENTE-ADULTO
xénero: DRAMA
duración: 65 minutos
1.- SINOPSE
Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista.
Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu
Pamela cóntanos como entrou no círculo da violencia .
Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico.
Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo
segue a ser desigual para homes e mulleres.
Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada
noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que
ningunha outra muller pase por onde foi golpeada.
GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños,
como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir . Tratando e
previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia)
GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta
en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir
faire” da actriz
2.- MOTIVACIÓNS
Nun mundo onde as mulleres son golpeadas continuamente pola presión social. A
compañía aAntena saca o mellor do talento de Estíbaliz Veiga para poñer en
escena un relato cru , mais directo polo cotiá das accións de como unha moza vai
cedendo ata irse atopando fóra da súa personalidade.
Un xeito directo fuxindo do tráxico para nos amosar como nas accións máis cotiás
nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.
GOLPES busca que o espectador identifique todos e cada un dos índices sociais
presentados na súa vida “de todos os días” . Vexa canto traballo hai por facer
para vivir nun mundo igualitario, como hai un golpe continúo contra do latexo
social. Máis Pamela conseguiuno e, dende aAntena pretendemos sementar esa visión
dun “mundo mellor posible” .
aAntena comprométese e pretende inferir na sociedade cun espectáculo directo
onde se amose dun xeito entretido a desigualdade latente, e a dor que causa unha
lacra social como é a violencia machista
PROPOSTA
Unha actriz vai visitando os seus recordos inmediatos camiñando a partires dunha
canción que fala dun sol nacente, dun novo amencer.
Ela exponse ante os espectadores dando todos os rexistros, dende cando está
tolamente namorada, cando ri, cando flirtea, cando sofre, cando berra, cando
desespera, cando baila, cando goza…
Un camiño emocional, un “tour de force” onde Estíbaliz Veiga expón toda a súa
capacidade emocional, o seu compromiso co xénero, as súas habilidades en escena
(baile, interpretación, …) na procura da maior verdade e honrar as mulleres que
viaxan nesa fatídica travesía, procurando que non haxa máis vítimas.
Un traballo intimista onde o primordial é a conexión directa da actriz co
espectador, falándolle directamente, contándolle en primeira persoa o que pasou…
Unha posta en escena sobre mínima escenografía, e mínimos recursos técnicos para
darlle o máximo valor ás mulleres representadas.Un espectáculo que pode
representarse case en calquera espazo, onde o primordial é a posibilidade de
conexión cos espectadores. Unha biblioteca, un centro social, … son os espazos
soñados para poder acceder a este espectáculo, na procura da maior facilidade de
acceso á concienciación do público
Unha proposta que foi presentada no Concello de Cambre o 26/11/2017 e que vai
ser definitivamente estreada na SalaGurugu o 02/03/2018
EQUIPA
ESTIBALIZ VEIGA (actriz) Graduada en Pedagoxía Teatral pola UdC, Máster en
interpretación cinematográfica por Central de Cine, especializada con mestres
coma John Strasberg, Thomas Liebhart, Macarena Pombo ou Susan Batson.
Recoñecible por ter traballado en compañias teatrais coma Katarsis, Áncora,
Espello cóncavo e dar vida a personaxes en series coma Serramoura, Pazo de
Familia, Homicidios, Fontealba,…
“Pamela é un agasallo de vida no que entrei, un vestido que poño en cada
representación para espir as emocións que me causan ver un mundo no que as
mulleres somos sometidas á desigualdade. GOLPES para min é unha viaxe na procura
dun mellor mundo , unha travesía que sempre
quixen percorrer comprometida con todas as
mulleres”
XOSÉ LEIS (director) Actor e director Graduado
en Pedagoxía Teatral pola UdC. Especializado
con diferentes mestres coma John strasberg,
Michel Dallaire, Carlo Boso ou José Luis Raymond. Camiña nunha deriva
investigadora ao través de todas as posible formas.
·GOLPES , para min, é un xeito de poder amosar como a muller nas novas xeracións
continua a vivir nun mundo desigual,. A nosa sociedade ten moito que mudar para
que os homes deixemos de nos sentir por riba das nosas compañeiras, para que
poidamos falarnos e sentirnos nunha relación de iguala igual. Se podo remover
algunha conciencia e inferir un pouco nesta problemática, o meu sentimento de
culpa e a miña busca dun mundo mellor , será recompensada”
Ficha Artística
Produción Bernardino Martinez
Dirección Xosé Leis
Actriz Estibaliz Veiga
Música seleccionada Estibaliz Veiga, Xosé Leis
Deseño iluminación
aAntena
Deseño escenografia:
Coordinación tecnica Bernardino Martinez
Deseño vestiario aAntena
Fotografías Ignacio Ysasi