Impartido por: Trinidad Contreras
Nivel: Iniciación
Duración: 8h
Horario: de 10h a 14h e de 16h
N.º de prazas: 16
Cuota de inscrición: 120 €
Datas: 28 de setembro de 2018
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!
DESCRICIÓN
Curso de porcelana creativa de pequeno formato, enfocado á xoiería ou o pequeno obxecto a través da realización de molde de escaiola.
Obxectivos:
Ofrecer unha visión básica sobre os moldes de escaiola para colada (slipcasting), aplicacións e solucións técnicas. Coñecer o material, a porcelana e a súa técnica para dar un adecuado acabado da mesma.
PROGRAMA
Presentación, comentar sobre o proceso
Introdución á técnica de “slipcasting”
Preparación da pasta
Fabricación de moldes
Construción de pezas a partir de moldes, cortar, pegar, texturizar…
Aplicar cor.
Coñecerás a técnica de “slipcasting” así como os tempos que o propio material esixe para a súa manipulación.
Coñecerás esmaltes apropiados para a monococción.
Proxectar de xeito creativo a porcelana
DOCENTE:
Trinidad Contreras, estudou Grado Superior en Joyería Artística, tutorizada por Ramón Puig Cuyás, na Escola Massana, Barcelona, desde entón traballa enfocada na porcelana, material predominante nas súas pezas.
Forma parte do colectivo de joyeros Bórax 08001, quenes achegan unha xoiería diferente a todo tipo de público, á marxe dos circuítos das galerías.
Actualmente, participa en numerosas exposicións a nivel internacional, recientemente foi galardonada cun dos premios ArtsFAD 2017, organizado por A-FAD (Artistas e Artesanos de Fomento da Arte e do Deseño), en Barcelona.
http://menudadeplata.blogspot.com.es
DESTINATARIAS
Taller destinado a todos aqueles que estean interesados na porcelana creativa de pequeno formato, desde unha xoia, ata o obxecto, pasando por pezas decorativas.
NECESIDADES
Recomendable tamén traer roupa cómoda e que se poida manchar 😉