- Impartido por: Iñaki Quenerapú
- Nivel: Iniciación
- Duración: 36h
- Horario: 3h semanais (MARTES POLAS TARDES de 16:3h a 19:30h)
- N.º de prazas: 10
- Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en tres pagos de 90€ cada mes)
- Datas: do 18 de setembro ao 4 de decembro de 2017
DESCRICIÓN
InDesign é a ferramenta máis popular para edición de publicacións impresas. A maioría dos xornais do mundo usan este software para maquetar (compoñer) as súas páxinas, así como editoriais e axencias de publicidade. Neste curso/obradoiro vas aprender a manexar con axilidade esta ferramenta, sendo quen de maquetar material publicitario, libros, revistas e catálogos e preparalos para imprenta ou para publicar en Internet.
PROGRAMA
#Maquetando libros e revistas con InDesign
——————————————
##Semana 1 (3 horas)
– Familiarizándonos coas ferramentas de InDesign
– Maquetando un tríptico sinxelo
##Semanas 2, 3 e 4 (3 horas cada unha)
– MAQUETAMOS UN LIBRO
– Páxinas mestras
– Follas de estilo
– Índices e táboas de contido
##Semanas 5, 6 e 7 (3 horas cada unha)
– MAQUETAMOS UNHA REVISTA
– Variacións de páxinas mestras
– Uso das bibliotecas
– Follas de estilo complexas
– Índices
– Diferentes usos de imaxes
– Texto fluído
##Semanas 8, 9 e 10 (3 horas cada unha)
– MAQUETAMOS UN CATÁLOGO
– Uso máis profesional de páxinas mestras e estilos
– Agrupamos diferentes documentos InDesign nun único proxecto
– Traballamos en equipo, todos ao mesmo tempo sobre o mesmo proxecto
##Semanas 11 e 12 (3 horas cada unha)
– Recursos externos
– Preimpresión e preparación para imprenta
– InDesign para a web
DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Evanxelizador dixital e profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996. Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.
Web: quenerapu.com
Twitter/Instagram/Youtube: @quenerapu
Facebook: /quenerapu
DESTINATARIOS
– Xente con ganas de APRENDER a maquetar revistas, dossieres, xornais…
NECESIDADES
Un portátil con Adobe Indesign instalado e ratón.