Expresión Dramática

  • Impartido por: Sandra Lesta

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 2 horas semanais

  • Horario:

    Laboratorio II  LUNS 18:00h-20:00h

    Laboratorio I INICIACIÓN  MÉRCORES 18:00h-20:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 40 €/mes

  • Datas:  de setembro 2019 a xuño de 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Entraremos en contacto ca expresión dramática desde a creación individual e colectiva co obxectivo principal de 🎭 aprender e desfrutar do feito teatral

PROGRAMA

O camiño ó desenrolo libre da creatividade pasa por un maior coñecemento de nós mesmos, pola comprensión do noso corpo como un elemento aglutinador de distintas realidades, emocionais e físicas, e como vehículo de comunicación. No obradoiro proporcionaremos as ferramentas precisas para expulsar esa creatividade fóra a través do feito teatral.

  • Improvisación.
  • Creación de personaxes.
  • Análise de textos teatrais.
  • Achegamento á escritura dramática.
  • Creación de escenas
.
  • Presentacións de traballos abertos a público.
  • E todo o que vaia xurdindo, sen limitarnos.

DOCENTE: SANDRA LESTA

Levo 16 anos formando alumnos de tódalas idades en teatro. Son profesora e directora da Escola Municipal de Teatro de Negreira, autora de obras teatrais coas que recibín diferentes premios nas categoría infantil e xuvenil no Certame Provincial da Coruña e guionista de varios proxectos. 
Dirixo varios grupos de teatro aficionado que é onde mellor o paso.

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas que desexan un achegamento ó código teatral dende a non profesionalidade.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Fotocopias con textos.

NECESIDADES

Roupa Cómoda.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: