Ioga

  • Impartido por: AlmaZen de Yoga

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 1h 15 min

  • Horario:

    LUN-MAR-MÉR-XOV
    9:30H-12:00H & 20:30H

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 30€/mes 1 SESIÓN SEMANA. 50€/mes 2 SESIONES SEMANALES

  • Datas:  de setembro 2019 a xullo 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

VEN A PROBAR! A PRIMEIRA CLASE É DE BALDE!

🧘‍♀️🧘‍♂️ O tipo de ioga que se fai en Unitaria por parte das formadoras de Alma Zen de Yoga é o HATHA VINYASA YOGA, o cal está indicado para todo tipo de persoas. Clases dinámicas e fluídas nas que coordínase movemento e respiración. Ás veces faise YIN YOGA que é estilo pasivo do Hatha Yoga, composto por posturas que se manteñen de maneira relaxada de 3 a 5 min. Calma o sistema nervioso central, estimula o fluxo da enerxía vital e ensina a relaxarte a nivel profundo. 😌

⌚️ A duración das clases é de 1 hora e 15 minutos.

Temos de todo aquí: esterillas, mantas, tacos e cinturóns, pero se queres traer o teu material non hai problema. Só precisas traer roupa deportiva e moitas ganas.

👥  Decide en que grupo queres estar de todos os que temos (según dispoñibilidade). Xa sabes que son de luns a xoves, nos seguintes horarios 9:30, 12:00 e 20:30

⏱ A puntualidade é fundamental ademáis mostra respeto ao resto do grupo.

💰💳 As clases abónanse na primeira semana de cada mes.

❌ Avisar con 10 días de antelación da túa baixa. De non avisar en 20 días proceremos a darte de baixa automáticamente e perderás a túa praza.

🔂 Podes recuperar noutros horarios, sempre que haxa sitio noutros grupos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: