ROTULACIÓN TRADICIONAL CON PINCEL + DEMOSTRACIÓN DE ORO SOBRE MADERA

  • Impartido por: Adrián Pérez “El Deletrista”

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 16h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 295 € (materiais incluídos)

  • Datas: 26 e 27 de outubro de 2019

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN

Curso de rotulación a pincel onde aprenderás os principios básicos para poder realizar carteis en madeira e vidro, as diferentes tipografías e estilos así como os materiais necesarios. Durante o taller farase unha demostración de aplicación de ouro de 23kt sobre madeira para entender os seus procesos e acabados.

PROGRAMA

Día I
-Introdución á rotulación.
-Como aprender a construír tipografía block a lapis e aprender as proporcións e posibles terminacións.
-Introdución ao manexo do pincel.
-Trazos básicos do pincel.
-Pintar block desde as pautas de aprendizaxe ou desde a propia construción da letra apresa.

Día II
-Introdución á tipografía casual ou speed lettering.
-Aprendizaxe de traspaso de debuxo de pauta, composición, e exemplos de construción de layouts con exemplos.
-Pintado a man de panel de madeira no que aprenderás o proceso de pintado en táboa: puntos importantes do debuxo, transferencia deste ao material con espolvero e pintado a man con esmalte.
-Demostración de aplicación de pan de ouro sobre base de madeira e acabados.

DOCENTE: Adrián Pérez Cervoni

“Sempre me gustaron as letras, as formas e contraformas que facían e como, ao aplicarse nos dando voltas, empecei a experimentar e logo de formarme brevemente no mundo da rotulación en Barcelona e San Francisco, trasladeime a un taller de artesanos no barrio de Gracia empezando a traballar na rotulación a pincel de xeito continuo!”

https://www.facebook.com/eldeletrista
https://www.instagram.com/eldeletrista

DESTINATARIAS

Curso destinado a calquera persoa interesada no lettering, a rotulación, a tipografía ou, a artesanía en xeral.

MATERIAL INCLUÍDO NO TALLER

Pincel do 6 de escoda
Esmaltes
Pautas de tipografía casual e block
Madeira para pintar
Papel, escuadras, lápices, etc.

NECESIDADES

Roupa para ensuciar

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!