Que tal, Mileto?

O Colectivo Galiza Emocional, nado de xeito espontáneo tras o proceso de creación do Mapa Emocional de San Pedro, dalle pulo a un novo espazo: Que tal, Mileto?

Punto de encontro de iniciativas artelladas ao redor da exploración dos territorios.

Confluencia entre prácticas artísticas e comunitarias, cartografías subxectivas, experiencias de posta en valor do inmaterial e outros formatos que discorren sobre os sentires dos lugares que habitamos.

Un diálogo (amenizado) entre divulgadoras, artistas, profesionais do social e público inquedo.

PROGRAMA

10:30h-11h Chegamos!

11h-14h Arrancamos!

  • Óscar Senra e María Abelleira de MAOS Innovación Social 
  • Xoán-Xil López
  • Pausa-café 12:30h aprox.
  • Horacio Gómez de CGEOMAP
  • Nacho Muñoz e Marcos Ptt de COLECTIVO GALIZA EMOCIONAL

16h-19h Retomamos!

  • Ágata Dzianach e Lukasz Dzianach  de GRUBY PUNKT
  • Carmen Nieto de FÁLAME DE SAN SADURNIÑO 
  • Pausa-café 17:30h aprox.
  • Vanesa Castro de RURAL- C 
  • Uxía Estévez, Rosinha Rojo, Rafa Otero de FESTIVAL ARTEFICIAL 

19h-20:30h Audipaseo Emocional*

20:30h Orquestra Experimental

(E o que veña…)

*Para asegurar que podes facer o audiopaseo, descarga o arquivo mp3 no teu móbil e trae auriculares. Enlace de descarga: http://tiny.cc/1iyq8y
QR descarga:

PARTICIPANTES

Óscar Senra & María Abelleira
Óscar Senra & María AbelleiraMAOS Innovación Social
MAOS é unha cooperativa compostelá, creada en 2014. O noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación. Presentaremos a iniciativa A Memoria das Mulleres, proxecto do Concello de Pontevedra para o cal realizamos traballo de campo e creamos a web DoGrisAoVioleta.gal co material creado por todo o equipo do proxecto.
Horacio González
Horacio GonzálezCGeomap
Horacio González é licenciado en Belas Artes e estudante de doutoramento en Deseño e Enxeñería na Universidade de Vigo. Coordina o festival de arte, música e tecnoloxía IFI, entre os anos 2002 e 2003, e forma parte dos colectivos VHPlab e Escoitar, dende 2005 e 2006 respectivamente. Na actualidade imparte clases no Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria na Universidade de Vigo, forma parte de Ulobit xunto con Xoán-Xil López e Ariel Ninas, desenvolve a plataforma CGeomap en colaboración con Fred Adam e Verónica Perales e iniciou un proxecto de acción crítica e enxeñería cultural con Ania González chamado Agentes del Caos.
Carmen Nieto
Carmen NietoFálame de San Sadurniño
Carmen Nieto é dinamizadora TIC na Aula Cemit do Concello de San Sadurniño.
Impulsora de diferentes proxectos e iniciativas como Fálame de San Sadurniño, Teño unha horta en San Sadurniño, Miradas Novas, Fútbol que Fala, Faladas de Muller ou Chanfaina Lab.
Fálame de San Sadurniño é un proxecto colaborativo na rede, e ao tempo una ferramenta para a consecución dos obxectivos no achegamento da cidadanía ás TIC e á Sociedade da Información.
Fálame de San Sadurniño é un espazo na rede no que simples “fotos faladas” cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas. Un lugar de encontro da memoria oral e a historia do concello, ao tempo que fai visible a vitalidade da veciñanza e do tecido asociativo ou empresarial contemporáneo do concello de San Sadurniño.
www.falamedesansadurnino.org
Ágata Dzianach & Lukasz Dzianach
Ágata Dzianach & Lukasz DzianachGRUBY PUNKT
Historie niezagospodarowane (Histórias baldías) é un proxecto baseado na exploración da paisaxe da memoria (memoryscape) de espazos urbanos verdes. A cidade de Gdansk é o lenzo para o proxecto. Elixíronse espazos urbanos verdes públicos que, a pesar de exisitren dentro do tecido urbano, estan abandonados, esquecidos ou descoidados. O proxecto propón mirar a estas áreas desde unha perspectiva diferente. Na base deste proxecto, presentaremos o concepto da iniciativa SubjectiveMap, a súa metodoloxía e as ferramentas utilizadas.

A paisaxe da memoria, xunto á paisaxe sonora, a paisaxe táctil e a paisaxe do olfato, é unha das capas invisibles da cidade que podemos ler na categoría de patrimonio inmaterial. Por tanto, é un valor que debe considerarse coa maior atención.
O proxecto céntrase na memoria diaria dos lugares en forma de historias subxectivas de persoas que entraron nunha relación con eles.

Vanesa Castro
Vanesa CastroRuralC
Vanesa Castro forma parte da produtora cultural Fur Alle Falle http://furallefalle.com
Axitadores e produtores culturais, desenvolven proxectos diversos, producen eventos culturais, actividades de formación, procesos partcipativos ou producións audiovisuais. Ambos son licenciados en Belas Artes.
Desenvolven proxectos e procesos culturais coa asociación Rural Contemporánea, un colectivo de acción social e cultural implicado na valorización e visibilidade do medio rural. Dende este organismo abordan diferentes problemáticas existentes no medio rural utilizando a creatividade como ferramenta de participación comunitaria e os imaxinarios tradicionais como forma de propagación de coñecemento.
Máis info en http://www.ruralc.com/
Xoán-Xil López
Xoán-Xil López
Xoán-Xil López é artista sonoro e investigador. O seu traballo xira en torno á práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora, adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos. Estudiou musicoloxía e se doctorouse en Belas Artes coa Tese Señal/Ruido. Algunos usos del paisaje sonoro en el contexto del arte, centrada na utilización dos sons ambientais na creación contemporánea. Forma parte de los proyectos Mediateletipos (arte sonoro), Ulobit (improvisación) y Voltage Opposite (danza), y colabora con diferentes formaciones como el ensemble de música contemporánea Vertixe Sonora, la compañía Gigacircus o la propuesta de música electrónica Haarvöl. Foi un dos co-fundadores de Escoitar.org, un colectivo interdisciplinar adicado ao estudio da paisaxe sonora e a auralidade (dimensión cultural da escoita), que estivo en activo dende 2006 a 2016. Ten comisariado o ciclo de conferencias e obradoiros Arredor do Son (Curtocircuito 2017 e 2018) e a exposición Diafonías. 6 Instalacións Sonoras 1, o encontro sobre paisaxe sonora Cartografías de Escoita. Son e lugar e o ciclo de cine Audivisións (GGAC). Desde 2014 co-dirixe o festival de arte sonora e música contemporánea Sons Creativos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Impartiu obradoiros, seminarios e conferencias sobre arte sonoro e gravación de campo en universidades como o Art|Sci de UCLA, o Centre de Recherche sur l’Espace Sonore et l’environnement urbain (CRESSON, Grenoble) ou o Museum of Contemporary Art ZKM (Karlshruhe), entre outros, e participou na redacción/coordinación de contidos para a publicación sobre arte sonoro en España MASE, para o Encuentro Internacional de Creación Sensxperiment ou para o proyecto europeo de investigación sobre memoria e escoita European Acoustic Heritage (EAH) / web: www.unruidosecreto.net
Rosinha Rojo, Uxía Estévez e Rafa Otero
Rosinha Rojo, Uxía Estévez e Rafa OteroARTEFICIAL
“Festival Arteficial
Romaría da música e cultura alternativas do Ribeiro

Arteficial é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por mozas e mozos do Ribeiro que apostan pola comarca e polo seu desenvolvemento cultural, económico e social. Creado pola Asociación Cultural Arteficial no ano 2007, o Festival Arteficial atesoura 13 anos de experiencias e traballo asociativo. Ao redor de propostas musicais e culturais de vangarda, Arteficial é entendido agora como a Romaría da música e cultura alternativas do Ribeiro, onde os recursos patrimoniais, a cultura do viño do Ribeiro e a fixación de poboación son eixos fundamentais.

O Festival Arteficial forma parte do Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural elaborado pola Asociación Galega de profesionais da Xestión Cultural, AGPXC, e recibiu o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural concedido pola Deputación de Ourense no ano 2018.”

Marcos Ptt & Nacho Muñoz
Marcos Ptt & Nacho MuñozCOLECTIVO GALIZA EMOCIONAL
Marcos Ptt (performer, productor cultural) e Nacho Muñoz (músico, artista sonoro) presentarán GALIZA EMOCIONAL, colectivo nado de xeito espontáneo no ano 2016 tras o proceso de creación do Mapa Emocional de San Pedro en Compostela, apoiado desde os seus inicios pola ESCOLA UNITARIA (campamento base e parte da tripulación).

Somos unha rede profesional e interdisciplinar de persoas que aposta polos barrios e as parroquias como espazos privilexiados para desenvolver e explorar diferentes maneiras de entender os territorios e as relacións entre as persoas que os habitan.

A través da creatividade, a tecnoloxía e a participación da veciñanza, facilitamos e desenvolvemos diversas experiencias e estratexias de intervención artística, social e cultural, co fin de comprender, revalorizar e visibilizar o noso valioso patrimonio inmaterial: aquelo que non se ve nin se toca, mais se sinte.

AUDIOPASEO
AUDIOPASEO San Pedro, Manual de Instruccións
San Pedro, Manual de Instrucións.

“Ó entender Northampton entendo o resto do mundo. Para entender o universo intenta entender a rúa onde vives.”
Alan Moore

O QUE É: San Pedro, Manual… é un audiopaseo. Unha experiencia a medio camiño entre as audioguías dun museo, a antropoloxía e o teatro. Apropiandonos de parte do traballo de entrevistas realizadas para o Mapa Emocional, elaboramos unha visita polo barrio na que tentamos redescubrir as rúas de todos os días. A ver que mais nos poden contar.

Orquestra Emocional de San Pedro 2.0
Orquestra Emocional de San Pedro 2.0
Espazo de creación sonora colaborativa creado como actividade complementaria ao Mapa Emocional De San Pedro no ano 2016 e facilitada polo músico Nacho Muñoz (Igmig, madamme cell, Parkour Sonoro) Nesta re-edición xuntarémonos diferentes persoas relacionadas co barrio de San Pedro para confrontar os seus imaxinarios sonoros e crear de forma colaborativa unha experiencia única na Escola Unitaria.

https://vimeo.com/channels/1440198

Un evento organizado por: