FASCIA VIVA: A REVOLUCIÓN POSTURAL INSPIRADA EN BOWSPRING

  • Impartido por: Paula López

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 1h 15 min

  • Horario: os xoves ás 12:00H

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 30€/mes 1 SESIÓN SEMANA.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

VEN A PROBAR! A PRIMEIRA CLASE É DE BALDE!

É unha revolucionaria proposta postural practicada en atención plena. Seguindo o pulso da nosa respiración e respetando a curvatura natural da columna vertebral imos a conectar o noso sistema miofascial cun movemento fluído e suave.

Coñeceremos un novo sistema de alineamiento coas suas 10 areas clave. Dito sistema e completamente natural e de xeito moi doado trasladarase á vida cotiá. Coa práctica sentimos o corpo máis lixeiro: ao aprender e incorporar o uso da respiración no movemento e ao gañar expansión da nosa caixa torácica. Ademáis traballamos conectando todo o corpo co que aprendemos e tomamos consciencia das zonas distantes, e de cómo van a intervir tamén no movemento.

Ao ser un cambio de paradigma completo, as zonas que adoitamos ter pechadas abriránse e movilizaranse memorias psicoemocionais coa práctica. Certo é que é un reto, é un cambio. O que intentaremos é que sexa con suavidade, paciencia, xogo, sen xuizo e con mimo e desfrutando. Non imos cambiar nada “polas malas”, tampouco queremos cambiar nada…cambiará só cando nos fai ben 😉 😌

PROGRAMA

1- Cambio de paradigma postural: traballo de conciencia co pulso da respiración sobre o eixe vertical da nosa columna. Atención a caixa torácica e canal central. As restantes accións iranse introducindo a modo de xogo ao longo do primeiro mes de práctica para poder ir traballando o corpo en conxunto e non limitar só ao tronco.

2- Volar: accións en alas e corazón. Movemento máis grande e dinámico seguindo o pulso natural da nosa respiración. (5º e 6ª semana).

3- Raices: cambio do punto de equilibrio, cambio no uso biodinámico do tren inferior. Accións fasciais que cambiarán o xeito de entender a nosa postura e movemento. Convertíndose en conxunto nuns doados e sanos hábitos posturáis. (6ª e 7ª semana).

4- O Pulso: As Cinturas (abdomen e cuello) e a Cabeza. (8ª e 9ª semana).

5- Entendendo a Tensegridade do corpo: prácticas onde haberá maior nivel que comprometerá, sen riscos, as nosas destrezas adquiridas nesas semanas anteriores e volverán a práctica máis divertida.

6- Profundización: xunto co punto anterior a práctica convertirase nun regalazo. Sesións de autocoidado e desfrute, ademáis dunha forma máis de compartirte.

DESTINATARIAS

Que veñan os vivos!!
Non hai rango de idade nin limitacións para a actividade. A actividade adáptarase ás persoas e ao grupo.

IMPORTANTE

⌚️ A duración das clases é de 1 hora e 15 minutos.

Temos de todo aquí: esterillas, mantas, tacos e cinturóns, pero se queres traer o teu material non hai problema. Só precisas traer roupa deportiva e moitas ganas.

👥  Decide en que grupo queres estar de todos os que temos (según dispoñibilidade).

⏱ A puntualidade é fundamental ademáis mostra respeto ao resto do grupo.

💰💳 As clases abónanse na primeira semana de cada mes.

❌ Avisar con 10 días de antelación da túa baixa. De non avisar en 20 días proceremos a darte de baixa automáticamente e perderás a túa praza.

🔂 Podes recuperar noutros horarios, sempre que haxa sitio noutros grupos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: