DRAMATURXIA, ACHEGA Á ESCRITA TEATRAL

  • Impartido por: Ernesto Is

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 3 horas semanais durante 3 meses

  • Horario: XOVES de 16:30h a 19:30h

  • N.º de prazas: 9

  • Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.

  • Datas:  do 14 de xaneiro 2021 a o 1 abril de 2021

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA

-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.

-Control de temperatura de todas as persoas á entrada con termómetro sen contacto.

-Máscara obrigatora durante toda a clase.

-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.

-Desinfectamos todas as cadeiras e mesas entre clase e clase.

-Hidroxeles a tutiplén.

-Hai purificadores de aire nas dúas salas.

DESCRICIÓN

A dramaturxia é a arte da reprodución e representación da acción en escena. A través do texto (palabras e movementos) deseñamos mundos e xeramos situacións coas diversas ferramentas da escrita dramática: personaxes, tempos e espazos, conflitos, estruturas, temáticas e obxectivos. Este obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde un plantexamento eminentemente práctico, coñeceremos e traballaremos na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática.
O obxectivo principal deste curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándolles de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándolles na creación das súas propias escenas. 🎭

PROGRAMA

A metodoloxía das aulas combinará breves explicacións teóricas coa lectura e análise de textos dramáticos, así como exercicios prácticos de escrita e composición que permitan afianzar os contidos e desenvolver o estilo das participantes.

A DRAMATURXIA: ARTE E OFICIO
• Definición do termo.
• A escrita dramática fronte á épica e á lírica.
• Funcións na dramaturxia: dramaturga/o e dramaturxista.
• Mímese / Diéxese.

ESCRIBIR TEATRO: AS FERRAMENTAS DO DRAMA
• Trama de accións.
• O personaxe dramático.
• Tempo e espazo.
• Estrutura (interna e externa).
• Oralidade escénica: monólogo, soliloquio, diálogo.
• Didascalias e acotacións.
• Xéneros dramáticos.

ESTRUTURA DRAMÁTICA: COMPOSICIÓN E RITMO
• Estrutura aristotélica.
• Estrutura drama contemporáneo.

OUTRAS DRAMATURXIAS
• Escrita do performativo: a partitura escénica.
• Tipoloxías: posdrama, teatro danza, performance, landscapes.

DOCENTE: ERNESTO IS (Xixón, 1988)

Titulado superior en arte dramática pola ESAD de Galicia na especialidade de dramaturxia e posgraduado en dramaturxia e argumento pola ESMAE de Porto, anteriormente fórmase no eido da realización e da produción audiovisual. Completa a súa formación xunto a profesionais como Alfredo Sanzol, Manuel Lourenzo, Paula Carballeira, Antonio Rojano, Raquel Queizás, Mariano Barroso ou Bárbara Colio, entre outros.
Ademais da súa faceta de dramaturgo, traballa como narrador oral e profesor de teatro e escrita en diferentes organizacións e espazos. Colabora habitualmente como redactor para a Erregueté (Revista Galega de Teatro) e a revista cultural A Movida de Vigo.
No ano 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da MIT de Ribadavia coa obra Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares que foi levado á escena pola compañía ButacaZero o pasado 2019; montaxe pola que é candidato a mellor texto orixinal nos XXIV Premios María Casares.
Participou no VI Programa de Dramaturgias Actuales do INAEM (2017), dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018 forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral do Centro Dramático Galego, coordinado por Manuel Lourenzo, co desenvolvemento da obra Onde veñen morrer as baleas.
Este ano, os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto dramatúrxico Canciones amarillas para flores tristes para participar no programa Antzerkigintza Berriak (Nuevas Dramaturgias).
Xunto ás compañías Feira do Leste e Belabesta Teatro ten estreadas tres das súas dramaturxias de proceso: Exilio das Moscas (2016), Tras Tannhäuser (2017) –axudas á Creación Joven 2016 do INJUVE– e Epiderme (2018).

DESTINATARIAS

Persoas vencelladas ás artes escénicas –con e sen experiencia– ou apaixonadas da escrita e da creación de historias.

NECESIDADES

Libreta e bolígrafo ou ordenador portátil.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!