Bordado

  • Impartido por: IO Obradoiro Textil

  • Nivel: Inciación

  • Duración: Sesións de 2h

  • Horario: de 16:30h a 18:30h  os xoves

  • N.º de prazas: 9

  • Cuota de inscrición: 180€ todo xunto 60 €/mes (MATERIAIS INCLUÍDOS).

  • Datas: do 15 de abril ao 8 de xullo de 2021.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA

-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.

-Control de temperatura de todas as persoas á entrada con termómetro sen contacto.

-Máscara obrigatora durante toda a clase.

-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.

-Desinfectamos todas as cadeiras e mesas entre clase e clase.

-Hidroxeles a tutiplén.

-Hai purificadores de aire nas dúas salas.

-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.

DESCRICIÓN

Aprende os puntos básicos de bordado e as súas múltiples aplicacións no campo da artesanía e do deseño.

PROGRAMA

Bordar é unha das técnicas téxtiles máis usada ao longo da humanidade. Construir formas e debuxos nos técidos convertíuse nunha mostra da capacidade creativa e artística do ser humano, así como tamén dun sinal da identidade de moitas culturas ao redor do mundo enteiro. O curso quere ser unha introducción ao bordado contemporáneo e pretende que as asistentes acaden un nivel de coñecemento medio sobre os puntos básicos do bordado.

A súa duración é trimestral e está dividido en tres bloques. Os bloques constan dunha parte de teoría e outra de práctica do bordado e acaban cun proxecto final (bordado en bastidor, parches e bordado en sacos de tecido). Alén disto, a través do curso vamos aprofundar transversalmente no desprestixio que sofren as artes téxtiles manuais femeninas na actualidade, traballeremos as nosas capacidades creativas innatas e experimentaremos a capacidade relaxante que proporciona o traballo manual e grupal.

  • Presentación do curso. introducción ao bordado. A importancia de lexiti¬mar e divulgar os labores tradicionais femeninos e beneficios dos traballo manual.
  • Preparación do material. en que consiste cada cousa? tesoiras, tecidos, bastidores, fíos…
  • Primeiras puntadas no bastidor: tecido de mostra, punto festón.
  • Punto de aliñavar & punto cadea.
  • Punto area & punto pé de flor.
  • Primeiro proxecto bordado. como calcar o debuxo. práctica usando os puntos vistos ata o de agora.
  • Aplicacións actuais do bordado: roupa, decoración, ilustración.
  • Punto de cruz, punto folla, punto de rede.
  • Punto nó francés. técnica de degradado.
  • 1º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
  • 2º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
  • Artistas de bordado contemporáneas.
  • Punto rosa & punto escapulario.
  • Punto picot & punto recheo.
  • 1ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.
  • 2ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.

DOCENTE: Io Morales Sánchez

O meu nome é Io, son artista e deseñadora téxtil e vivo en santiago de compostela. “io, obradoiro téxtil” é o meu proxecto persoal. Estudei escultura na escola mestre mateo. ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. Por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil, sendo agora mesmo obradoiro artesá dentro de artesanía de galicia. ademáis, nestes 2 últimos anos dedicín especializarme tamén en bordado, en concreto na técnica de recheo e punto matiz.

DESTINATARIAS

Persoas con gusto e ganas polo traballo artesá e manual.

NECESIDADES

Mans

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!