
PILATES
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
As clases de pilates de Unitaria en Santiago de Compostela combíñanse cun espazo acolledor e grupos moi reducidos. Traballamos a forza, a flexibilidade e a conciencia corporal nun ambiente tranquilo, non competitivo, no corazón do barrio de San Pedro.
🧘♀️ DESCRICIÓN
O método Pilates de chan é un sistema de adestramento físico e mental que axuda a tonificar o corpo, mellorar a flexibilidade, a coordinación e a postura. Contribúe a aliviar dores de costas, a gañar conciencia corporal e a sentirnos máis fortes e equilibrad*s.
A nivel mental, a práctica regular de Pilates favorece a redución do estrés e promove unha sensación xeral de benestar ✨
👉 Ven probar! A primeira clase é de balde.
📌 RECOMENDACIÓNS PARA AS CLASES DE BENESTAR EN UNITARIA
⏰ Puntualidade
Chega a tempo para non perder o inicio da sesión nin interromper a dinámica do grupo.
👟 Zapateiro dispoñible na sala
Podes deixar os zapatos no zapateiro antes de comezar a sesión.
📵 Móbil en silencio
Silencia ou apaga o móbil para preservar un ambiente tranquilo.
🥗 Estómago lixeiro
Evita comidas pesadas antes da clase. En prácticas máis tranquilas, podes traer calcetíns quentiños para maior comodidade 🧦
🩺 Avísanos se tes algunha condición física
Lesións, molestias ou outras circunstancias deben comunicarse antes de comezar para adaptar a práctica ás túas necesidades.
🧠 Escoita o teu corpo
Cada corpo é distinto. Non te compares. Se algo doe, para.
✋ Axustes con contacto físico
Se prefires non recibir correccións con contacto, indícanolo antes da clase.
🧼 Material ordenado
Se utilizas esterillas ou mantas de Unitaria, límpaas e déixaas recollidas ao rematar.
📲 Comunica as túas ausencias
Se non podes asistir, avisa con antelación para que outra persoa poida aproveitar a praza
❓ Tes dúbidas?
Estamos aquí para axudarche antes, durante ou despois da clase.
💛 Grazas por formar parte de Unitaria.
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.