
PILATES
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O método Pilates de chan é un sistema de adestramento físico e mental que tonifica os músculos dotándonos de maior flexibilidade, destreza, axilidade e coordinación de movementos. Tamén axuda a corrixir e mellorar a nosa postura aliviando as dores de costas e proporcionándonos unha figura máis estilizada. A nivel mental axúdanos a reducir os niveis de estrés e sentirnos máis equilibrad*s.
VEN A PROBAR! A PRIMEIRA CLASE É DE BALDE!
⌚️A duración das clases é de 1 hora
👥 Decide en que grupo queres estar de todos os que temos (según dispoñibilidade).
⏱ A puntualidade é fundamental ademáis mostra respeto ao resto do grupo.
💰💳 As clases abónanse na primeira semana de cada mes
❌ Avisar con 10 días de antelación da túa baixa. De non avisar en 20 días proceremos a darte de baixa automáticamente e perderás a túa praza.
🔂 Podes recuperar noutros horarios, sempre que haxa sitio noutros grupos.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.