Ola cantantes!
Queres levar o teu canto ao seguinte nivel, formando parte dun coro?
Gustaríache formar parte dun proxecto artístico con valores sociais?
Pois chegou a túa oportunidade! En Unitaria temos un coro comunitario e abrimos o ingreso de novas voces.
Repertorio? moderno (pop, jazz, soul, gospel, bossa, etc).
Cando? Ensaiaremos os luns de 6 a 8pm, de outubro a xuño.
Onde? En Unitaria, no barrio de San Pedro
Quen? Dirixido por Xabier Mera, músico, director de coros e xestor cultural
Interesado? Máis info? Segue lendo…….
Se queres darlle saída ao teu talento vocal, coñecer nova xente e levar adiante un proxecto musical colectivo co ánimo de integrarse no barrio e ter valor social na cidade, anímate a vir á proba de ingreso o luns 19 ou o luns 26 de setembro en Unitaria.
As probas serán o luns 19 e o luns 26 de setembro (se non puideses eses días, contáctanos igualmente). Consiste nunha pequena e sinxela proba de entoación e tesitura, e serán entre as 18:00 e 19:00h, antes do comezo do ensaio. Para confirmar o teu interese podes escribirnos aos seguinte correo: queroaprender@escolaunitaria.com
O noso coro comunitario forma parte do proxecto da Unitaria, un espazo multidisciplinar no barrio de San Pedro para xente con FAME DE APRENDER.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.