CREAR UNHA FONTE VARIABLE

  • Impartido por: Rainer Erich Scheichelbauer e María Ramos

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 7 horas

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 80€

    (10% de desconto para soci* da DAG, oferta válida dende o 11/04/2022)

  • Datas:

    7 de maio de 2022 COMPLETO

    8 de maio de 2022 HAI PRAZAS

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste divertido obradoiro darás os teus primeiros pasos no editor de fontes Glyphs. Crearás un conxunto de letras maiúsculas para depois engadir unha variante ancha de cada unha e facer que as letras se animen entre estreitas e anchas nun navegador web. Aprenderás a configurar un proyecto de tipografía, a reutilizar de forma eficiente formas entre letras e a crear e probar unha fonte variable OpenType.

PROGRAMA

– Funcionalidades básicas do programa Glyphs
– Como organizar o teu proxecto tipográfico
– Debuxo e creación de letras
– Creación de variantes dunha familia tipográfica
– Exportar unha fonte variable
– Probar e animar unha fonte variable nun navegador web

DOCENTE: Rainer Eric Scheichelbauer e María Ramos

Rainer Eric Scheichelbauer crea fontes e imparte clases de deseño de tipografías en distintas partes o mundo, é fundador da fundición tipográfica Schriftlabor e co-director dunha das aplicacións máis utilizadas a nivel internacional na creación de fontes: Glyphs.
María Ramos é deseñadora de tipografías e co-fundadora de NM type, con tipografías propias e a medida que conseguiron o recoñecemento de publicacións especializadas e premios internacionais, desenvolvendo proxectos para clientes como Jägermeister ou a Xunta de Galicia.

www.marsidesino.com

DESTINATARIAS

Profesionais do deseño, da ilustración, da creación e a arte dixital: persoas creativas interesadas en crear a súa primera fonte variable. Non son necesarios coñecementos previos na creación de tipografías.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

As persoas participantes recibirán unha extensión da licenza de proba do programa Glyphs e un desconto para comprar a licenza completa no caso de querer activar o programa.

NECESIDADES

Ordenar portátil con sistema operativo Mac e o software Glyphs preinstalado. https://glyphsapp.com/

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: