
interparroquial
DATAS: SETEMBRO-NOVEMBRO 2022
Xornadas de deseño, creación e prototipado en Cultura
Pero que é a interparroquial?
É un Laboratorio de innovación cultural. (Se decimos que vale para convencer a Agadic virá xente?…Moi presuntuoso).
Son Xornadas de deseño, creación e prototipado en Cultura. (Así parece Zara).
Son Parroquias creativas para os desafíos na Cultura. (Muy interespecie. Like!)
Nada novo baixo o sol. Ou si. (Vamos reventar la kultura!)
Son sesións de creatividade para deseñar colectivamente solucións e desenvolver prototipos de ideas que atendan aos grandes desafíos que ten a Cultura. (En principio isto… logo se cadra cambiamos de opinión)
Nun formato de innovación aberta, convócase a axentes de diferentes eidos con interese na Cultura para traballar colaborativamente no deseño de solucións. (Queremos ver newfaces para hibridarnos e retozar na cultura)
Para guiar o proceso creativo usarase a metodoloxía do pensamento de deseño (Design Thinking). En cada sesión abordarase un tema/desafío relacionado coa cultura. Isto é para nós unha parroquia creativa. (Se sae ben, darémosche o código para que montes a túa parroquia creativa, pero se ves á Interparroquial a convidarnos a un vermú primeiro. Amigos si…)
Os avances de cada equipa subiranse a unha plataforma web onde se poderá acceder aos proceso de deseño. (O que saia da intelixencia colectiva compartirase. Se non che mola compartir e cocrear, pulsa aquí).
Faremos 3 sesións creativas. As prazas estarán limitadas (24) e terás que coller unha entrada. (Buscaremos a colaboración radical e a heteroxeneidade. Se eres da instensita people, pincha aquí).
O cuarto día, farase unha festa de presentación de proxectos. Aberta ao público. Con sesión vermú. (Liada da innovación cultural)