FACER A RÚA

  • Impartido por: Aïda Gómez

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 6h

  • Horario: de 11:00h a 14:00h e de  16:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 50€

  • Datas: 4 de marzo de 2023

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Este obradoiro anímanos a mirar con novos ollos o noso espazo urbano.
“Facer a rúa” anima aos participantes a sacar o máximo proveito do noso espazo público: Ao longo destas sesións, Aïda Gómez compartirá a súa experiencia facendo arte urbana en diferentes partes do mundo. Todos os participantes terán acceso a multitude de técnicas para realizar intervencións na rúa. A través de xogos e exercicios de observación, os asistentes activarán os resortes da súa creatividade para planificar diferentes modificacións artísticas en ambientes cotiáns. O obxectivo fundamental deste obradoiro é que os asistentes saian hiperestimulados para que desenvolvan o seu propio proxecto de intervención urbana.

PROGRAMA

  • PRIMEIRO BLOQUE – TEORÍA
    Compartirei o meu traballo e o traballo doutros artistas urbanos cos asistentes ao obradoiro, así como un amplo abano de técnicas e posibilidades de intervención en espazos públicos.
  • SEGUNDO BLOQUE – PASEO
    Sairemos á rúa. A través do xogo os asistentes ao obradoiro darán un paseo polos arredores de Unitaria.
  • TERCEIRO BLOQUE – PRÁCTICA
    Orientarase ao alumnado para que desenvolva o seu propio proxecto de intervención urbana

DOCENTE: Aïda Gómez

(Madrid, 1986). Artista urbana, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Castela-A Mancha. Estudou escultura na Kunsthochschule Weißensee de Berlín e foi artista residente en diversos espazos e institucións de Arxentina, Alemaña, Polonia, Islandia, Portugal e Holanda.

http://www.aidagomez.info
http://www.instagram.com/aidagomez.info/

DESTINATARIAS

Non son necesarios coñecementos nin formación previa para asistir a este obradoiro, só quere redescubrir o espazo público.

NECESIDADES

Ganas! trae moitas ganas! 🙂

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: