Ioga

  • Impartido por: AlmaZen de Yoga

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 1 hora

  • ⏰ Horarios dispoñibles – IOGA

    Luns

    – Grupo 20:30

    Martes

    – Grupo 9:30

    – Grupo 19:15

    Mércores

    – Grupo 20:30

    Xoves

    – Grupo 9:30

    – Grupo 19:15

    – Grupo 20:30

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición:

    49€/mes 1 sesión semanal

    75€/mes 2 sesións semanais

  • Datas: de outubro 2026 a xullo 2027

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

As nosas clases de ioga en Santiago de Compostela están abertas a todos os niveis. Non precisas experiencia previa. Practicamos nun espazo tranquilo e con grupos pequenos para que cada persoa poida avanzar ao seu ritmo.

🧘‍♀️ DESCRICIÓN

👉 VEN A PROBAR! A PRIMEIRA CLASE É DE BALDE!

En Unitaria practicamos HATHA VINYASA YOGA, impartido polas formadoras de Alma Zen de Yoga, un estilo indicado para todo tipo de persoas.

Son clases dinámicas e fluídas, nas que se coordina movemento e respiración, favorecendo a forza, a flexibilidade e a concentración.

En ocasións tamén practicamos YIN YOGA, un estilo máis pasivo no que as posturas se manteñen de forma relaxada durante 3 a 5 minutos. Esta práctica axuda a calmar o sistema nervioso, estimular o fluxo da enerxía vital e aprender a relaxarse a un nivel profundo ✨

📌 RECOMENDACIÓNS PARA AS CLASES DE BENESTAR EN UNITARIA

⏰ Puntualidade

Chega a tempo para non perder o inicio da sesión nin interromper a dinámica do grupo.

👟 Zapateiro dispoñible na sala

Podes deixar os zapatos no zapateiro antes de comezar a práctica.

📵 Móbil en silencio

Apaga ou silencia o móbil para manter un ambiente tranquilo.

🥗 Co estómago lixeiro

Evita comidas pesadas antes da clase. En prácticas máis tranquilas ou de Yin Yoga, podes traer calcetíns quentiños para maior comodidade 🧦

🩺 Avísanos se tes algunha condición física

Lesións, molestias, enfermidades ou outras circunstancias deben comunicarse antes de comezar para adaptar a práctica ás túas necesidades. O importante é o teu benestar.

🧠 Escoita o teu corpo

Cada sesión é un novo comezo. Non te compares. Busca o equilibrio entre esforzo e comodidade. Se algo doe, para.

✋ Axustes con contacto físico

Se prefires non recibir correccións con contacto, indícanolo antes da clase.

🧼 Material ben recollido

Se utilizas esterillas ou mantas de Unitaria, límpaas e déixaas correctamente recollidas ao rematar.

📲 Comunica as túas ausencias

Se non podes asistir a unha sesión, avisa por WhatsApp para que outra persoa poida aproveitar a praza.

❓ Tes dúbidas?

Estamos aquí para axudarche antes, durante ou despois da clase.

💛 Grazas por formar parte de Unitaria.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: