VIDEO EN VIVO

  • Impartido por: Laura Iturralde

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h  e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 100 €

  • Datas: 16 decembro de 2023

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste obradoiro teórico-práctico aprenderemos as ferramentas básicas para desenvolver as visuais dun espectáculo en vivo con materiais xenerados previamente ou ben métodos de realización en directo.

PROGRAMA

– Referentes de visuais en vivo, percorrido histórico a través de diferentes artistas visuais
– Xeración de contido para espectáculos en vivo
– Manexo básico de Resolume: Clips, capas, entorno…
– Emprego de periféricos (MIDI, cámaras…)
– Cableado e dispositivos de reprodución
– Materiais escénicos para videoproxeccións
– Sincronismo con son, timeline, BPM
– Diálogo con outros softwares (syphon, spout)
– Principios de videomapping
– Edición en vivo
– Exercicio práctico

DOCENTE: Laura Iturralde

Deseñadora de iluminación, visualista e coordinadora artística para espectáculos en directo. Desenvolve a súa actividade con diversas compañías, artistas e proxectos relacionados coa música, teatro, danza, audiovisual ou arte instalativa.

DESTINATARIAS

Persoas interesadas en desenvolver as visuais en directo tanto para espectáculos propios como alleos.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Proxectores, materiais experimentación.

NECESIDADES

Cada alumnx deberá traer o seu propio equipo portátil con Resolume Arena instalado e saída HDMI
WebCam

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: