INGLÉS INDOLORO

  • Impartido por: Sila Sobrado

  • Horario:

    GRUPO 1: De 18:45 a 20:00 os luns

    GRUPO 2: De 20:15 a 21:30 os luns

  • Duración:  12 sesións

  • N.º de prazas: 8

  • Prezo: 150€ (podes pagar en tres prazos de 50€)

  • Datas: do 8 de xaneiro oa 25 de marzo 2024

     

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Clases de inglés en grupos reducidos (8 persoas) enfocadas na comunicación real. Sen libros de texto, exercicios escritos ou guións repetitivos. Ven preparad@ para sorprenderte.

PROGRAMA

Non hai programa! O obxecto das clases será poñer a todos os alumnos a falar, axudándolles a atopar a súa voz en inglés e a coller seguridade expresándose como queiran ou precisen. Por suposto, haberá correccións e explicacións, pero éstas serán en resposta ó que xurda na conversa; non ó revés.

*PAGO

Estimado/a estudante,

Estamos encantados de que te mostres interesado/a no noso curso. Queremos informarche sobre a posibilidade de pagar en tres cómodos prazos.

O custo total do curso é de 150 euros. Para axudarte no proceso de pago, ofrecemos a opción de fraccionar o importe en tres prazos de 50 euros cada un. Poderás realizar os pagamentos segundo a seguinte programación:

  1. Primeiro Prazo: 50 euros ao inscribirte.
  2. Segundo Prazo: 50 euros ao comezo do segundo mes.
  3. Terceiro Prazo: 50 euros ao comezo do terceiro mes.

Destacamos que, se decides abandonar o curso a medio percorrido, deberás aboar o importe total restante.

Agradecemos a túa comprensión e estamos dispoñibles para resolver calquera dúbida que poidas ter.

DOCENTE: SILA SOBRADO

Ola! Son Sila e teño máis de 10 anos de experiencia ensinando idiomas en varios países.

Aínda que dei clases a estudantes de todas as idades e niveis, hoxe traballo principalmente con adultos que necesitan mellorar o seu inglés nun ámbito profesional e que adoitan ter obxectivos moi concretos. Tamén axudo a estudantes de Filoloxía Inglesa con determinadas materias que lles resultan difíciles de preparar por si mesmos e, por suposto, imparto clases de conversa e perfeccionamento xeral.

Dado que as miñas clases son moi personalizadas, non adoito utilizar libros de texto. De cando en vez paso unha fotocopia para traballar cousas concretas pero, en xeral, prefiro utilizar material real. Cos estudantes que precisan aprobar exames de inglés, centro a preparación nas habilidades básicas e na estratexia de exames en lugar de insistir en exercicios demasiado específicos e/ou repetitivos.

Tamén fago traducións e interpretación, e podo axudar aos estudantes de nivel avanzado a mellorar estas habilidades.

DESTINATARIAS

Todas as persoas interesadas en aprender este idioma. Todos os nivéis medios e altos, todas as idades.

NECESIDADES

Necesario traer o que uses para tomar notas (libreta, portátil, tableta…), pero sobre todo: MOITAS GANAS DE APRENDER.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: