CACHARAGE AGAINST THE MACHINE

  • Horario: De 11:00 a 21:00

  • Prezo: Entrada de balde

  • Data: 25 de maio 2024

  • Lugar: Unitaria

DESCRICIÓN

Cacharage Against the Machine é:

  • É un encontro para cacharrear. 
  • Esta será nnha edición 0.
  • É un laboratorio.
  • É un exploratorio.
  • É unha JAM.
  • Para divertirse e conectar con outras persoas.
  • É, polo tanto, un evento de pequeno formato que facilita a conversa e o intercambio de ideas. É, na liña da Unitaria, un lugar para aprender. Aprender facendo e aprender compartindo.
  • É un convivio de persoas amadoras das máquinas de facer música.
  • É un proceso de democratización cultural.

Cacharage Against the Machine non é:

  • Non é un evento con cabezas de cartel.
  • Non é un evento de vangardas electrónicas (que si de xente vangardista).
  • Non ten, en principio, nomes recoñecidos na esfera de máquinas musicais.
  • Nin é unha pista de baile, ainda que se poida bailar.

Cacharage Against the Machine será:

Deberá ser un proceso. Un camiño. Para ir definindo seguintes pasos. Se cadra medra, ou non. Poderá ser un tempo concreto para que esas comunidades creadoras teñan un espazo laboratorio-exploratorio-residencial onde crear-mesturar-mostrar. Podería ser unha cita cíclica.

Será un concepto iniciático, onde calquera poida achegarse a propoñer e mostrar. Facilitar que o proceso sexa participado garantirá a súa sostibilidade.

Cacharage Against the Machine morrerá:

  • Cando deixe de ter utilidade.
  • Cando non sexa divertido.
  • Cando pretenda competir con outras propostas festivaleiras.

Edición zero

Cacharage Against the Machine é un exploratorio sonoro. Unha quedada aberta para persoas amadoras das musica feitas con máquinas. Para as que trebellan e para as que escoitan. Para as que comezan e para as que teñen callo de tanto pote.

Tamén será un espazo de intercambio de aparatos, musicais ou ruidísticos de segunda man onde mercar, vender e trocar eses trebellos do diaño.

Isto é para ti se amas os #sintes #secuenciadores #loopers #eurorack #drummachines #bassline 

PROGRAMA

POLA MAÑÁ:

11:00: SHOWCASE mañá

Trae o teu equipo e mostra o que sabes, explica o teu set, crea unha atmósfera. Impros son benvidas. É unha mostra, non un bolo. Queres participar? Trae dous dos teus aparatos preferidos pero antes manda correo a queroaprender@escolaunitaria.com cos teus datos e o título SHOWCASE CATM.

13:00: Alumnos de DJ da escola Wax: Exhibición do talentoso alumnado da escola de DJ´s do Barrio de San Pedro: WAX Cultura DJ.

POLA TARDE:

15:00: SHOWCASE tarde

Idem que pola mañá.

16:00: CHARLA + DEMO Colectivo Pontevedra Modular

  • XEARANX Construcción de atmósferas sonoras.
  • BLAZ BABNIK  Composicións para cine con modulares.

17:00: JAM HAMMER de sintes guiada por Chusato Silva (Aparato)

A idea é pasar un bo intre dando liberdade á nosa creatividade, divertirnos e expresarnos cos nosos aparellos.

Para que todo se desenvolva con fluidez deixamos as seguintes instrucións:

  • Trae un ou varios dous teus aparellos preferidos, syntes, samplers, drumboxes, modulares, secuenciadores, grooveboxes, etc… Podes traer o que máis che apeteza pero ten en conta que reservaremos un máximo de “80×60” cm de espazo para cada jammer.
  • Trae a  túa propia regleta. 
  • Trae os teus propios cables (jacks, ,midi e clock). Se veñen marcados mellor, xa que se prevé moito cobre sobre a mesa 🙂

Precisamos saber:

  •  Tipo de clock necesitas para sincronizar vos teus equipos.
  • Número e tipo de saídas e entradas de audio que empregas.

Así que xa sabes, apúntate a Jam Hammer dá Unitaria enviándonos un mail aqueroaprender@escolaunitaria.com” antes do 20/05/2024 e prepárate para gozar.

19:00: Live Sets

  • (45´) DENÍS ESTÉVEZ aka LIBREDÓN. Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais. As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección. O expolio sistemático das ideas e necesidade adictiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole. A sua existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital. Nestas conversas improvisadas, a afirmación e a negación correxiranse mútuamente e reinterpretaranse collendo forma a través da acción. A desinformación e o descoñecemento son unha opción real. O latexo perpetuo do misterio da razón é o seu asincopado contrapunto.
  • (45´) Na3C6H5O7 BAILARICO NOISE (Nacho Muñoz). Bailarico Noise é un live set de electrónica e voz, onde mestura en tempo real sons sintetizados, ruídos, beats e cánticos tradicionais e inventados do planeta, creando un directo efervescente e divertido repleto de sensacións e experiencias sonoras delirantes.

**Para máis información: Contacta con nós en queroaprender@escolauntiaria.com

PARTICIPAR NO MERCADO

Cacharage Against the Machine tamén é un mercado. compra-venta-troco. Podes traer as túas máquinas para poñelas á vista. Haberá un equipo para poder probar sons.

Detalles do mercado:

  • Para reservar o teu posto, necesitamos que envíes unha foto do que vas traer xunto cunha lista detallada dos aparatos e as súas características.
  • Por favor, inclúe o prezo que lle vas poñer a cada elemento.
  • Cada posto ten un espazo limitado de 125×60 cm. Por favor, asegúrate de probar esta superficie en casa antes de traer o teu material, xa que non haberá máis espazo dispoñible.
  • Como consello sentimental, sería moi apreciado se detrás da etiqueta podes escribir algo sobre a orixe ou a historia persoal do aparato, tal como de onde ven ou que fixeches con el. Engadir un toque de conexión emocional axudará aos compradores a conectarse co teu produto.

Se tes 1 só cacharro, existe a posibilidade de poñer un POSTO COMÚN, xestionado pola organización…

Grazas polo teu interese en ser parte do noso mercado “Cacharage Against the Machine”. Esperamos ver o que tes para ofrecer!

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e FOTOS DOS APARATOS E LISTA CON ESPECIFICACIÓNS.