DANZA CONTEMPORÁNEA

  • Impartido por: Elsa Pereira

  • Nivel: multinivel

  • Horario:

    Mércores de 20:30h a 21:30h NOVO GRUPO!

    Venres de 9:30h a 10:30h NOVO GRUPO!

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 40 €/mes

  • Datas: de outubro 2026 a xullo de 2027

    pero podes acceder ao curso en calquera data.

  • Este curso atende ao calendario lectivo de Galicia.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

O noso curso de danza contemporánea en Santiago de Compostela está pensado para adultos con ou sen experiencia. Traballamos a impro, o movemento libre e a expresión corporal nun espazo seguro e estimulante. Sen xuízo, con moitas ganas.

DESCRICIÓN

Laboratorio no que poderemos investigar sobre o noso movemento com detalle. Traballaremos en base aos elementos fundamentais: estructura do corpo, as súas formas, o peso, as texturas e a relación entre isto e o espazo e tempo presentes.

Esta metodoloxía de traballo está aberta a todos os niveis, xa que partimos do noso próprio corpo e condición física. Ideal para persoas que teñen curiosidade pola danza como primeiro contacto, ou para aquelas que xa teñen experiencia, como oportunidade para voltar a conectar coa presencia e desfacerse de hábitos ou automatismos.

PROGRAMA

Presentación da xornadas
Quecemento/entrada no corpo
Práctica de impro a partir de premisas de movemento dadas
Escrita e posta en común

Entrada en corpo
Práctica de movemento/técnica
Práctica de impro
Escrita e posta en común

DOCENTE: Elsa Pereira

Fórmome en danza contemporánea, danza Butoh, teatro e clown. Asisto a obradoiros e seminarios de diferentes técnicas e experimento co meu e co
movementos dxs outrxs.
No ano 2013 comezo o estudo do movemento corporal, e recibo dende entón a aulas de danza contemporánea. Uns anos máis tarde múdome ao Porto onde asisto á FAICC (FORMAÇÃO AVANÇADA EM INTERPRETAÇÃO E CRIAÇÃO COREOGRÁFICA), programa de formación e creación. Neste contexto teño a oportunidade de levar a escena varias pezas de pequeno formato.
Dende 2017 guío un Laboratorio de improvisación en movemento/danza co obxetivo compartir o aprendido e axitar corpos.

DESTINATARIAS

Todas as persoas a partir de 16 anos que teñan interese pola danza e o movemento.

NECESIDADES

Roupa cómoda (pantalón deportivo frouxo se é posible) papel e boli.

Recomendacións para as clases de benestar en Unitaria:

Puntualidade ante todo!
Chega a tempo para non perder o inicio da sesión nin molestar a quen xa está preparado/a. Ademais, poderías atopar a porta pechada se non hai ninguén na entrada.

Calzado fóra!
Deixa os zapatos no zapateiro. Non é só por manter o espazo limpo, tamén é unha forma simbólica de respecto polo lugar e os demais.

Móbil en silencio
Axuda a manter o ambiente tranquilo apagando ou silenciando o móbil antes de comezar.

Co estómago lixeiro
Se a túa clase require moito movemento, intenta vir cunha comida lixeira ou co estómago baleiro. E lembra: en prácticas restaurativas ou yin yoga, podes levar calcetíns quentiños para estar cómodo/a!

Avísanos se tes algunha condición física
Lesións, enfermidades ou mesmo se estás menstruando, avísanos antes de comezar para adaptar a práctica ás túas necesidades. O importante é o teu benestar!

Escoita o teu corpo
Cada sesión é un novo comezo, así que non te compares con ninguén. Busca o equilibrio entre esforzo e comodidade, e lembra: dor non é progreso, se algo doe, mellor parar e saír desa postura.

Preferencias de contacto
Se prefires que non fagamos axustes con contacto físico durante as correccións, infórmanos antes da clase.

O importante é atopar a túa sintonia
Se non te sintes cómodo/a, recomendámosche probar outra persoa ou modalidade. O importante é que a experiencia sexa enriquecedora para ti!

Esterilla e mantas ben recollidas!
Se non traes a túa propia esterilla, asegúrate de limpala ben despois de usala, deixala ben enrolada, e dobrar as mantas correctamente. Manter o espazo ordenado é responsabilidade de todas e todos!

Comunica as túas ausencias
Se non podes vir a unha clase, avisa por WhatsApp para que outra persoa poida aproveitar o espazo.

Tes dúbidas? Estamos aquí para axudar!
Consulta calquera dúbida ou pregunta antes, durante ou despois da clase. Queremos que te sintas a gusto e seguro/a!

Grazas por formar parte de Unitaria!

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: