Escrita Creativa

  • Impartido por: Carlos Cartoné

  • Nivel: Inciación – Medio

  • Horario:

    GRUPO 1 mércores 18:00-20:00

    GRUPO 2 mércores 20:00-22:00

    GRUPO 3 venres 18:00-20:00 (NOVO)

  • N.º de prazas: 9 

  • Prezo: 65 €/mensual

  • Datas: de outubro 2026 a xuño 2027

  • Este curso atende ao calendario lectivo de Galicia.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

O noso obradoiro de escrita creativa en Santiago de Compostela é o espazo onde por fin tes tempo e compañía para escribir. Traballamos narrativa, poesía e distintos rexistros ao longo do curso anual. Un grupo pequeno, un proceso real.

DESCRICIÓN

Obradoiro eminentemente práctico, baseado na escrita individual, e na lectura, de textos propios e alleos, e crítica colectivas. Traballaranse algúns aspectos técnicos, pero darase máis peso á práctica espontánea da escrita, para conseguir convertela nun hábito. En todo momento potenciarase a participación directa dos asistentes, o comentario e o debate dos textos nun ambiente distendido, respectuoso e, aínda así, ambicioso.

PROGRAMA

Formado por tres bloques trimestrais, adaptables en duración ás necesidades/gustos dos participantes, serán tratados de xeito transversal, para maior proveito e desfrute das sesións; pola mesma razón, poderanse engadir ou substituir os puntos que se consideren necesarios. Son os seguintes:

  • Bloque 1 – Imaxinar e transpirar:
    1.1-Á busca de temas
    1.2-Desbloquea a túa escrita
    1.3-Cartas, listas e interrogatorios
    1.4-Inspiración gráfica
    1.5-Reciclaxe de historias
    1.6-Hai alguén aí? (escrita automática e outras técnicas)
    1.7-A escrita colectiva
  • Bloque 2 – Recursos e técnicas básicos da narración:
    2.1-Punto de partida
    2.2-Ritmo da narración
    2.3-Adxetivación
    2.4-Voz narradora
    2.5-Tema, historia e argumento
    2.6-Punto de vista
    2.7-Creación de escenas
    2.8-Creación de personaxes
    2.9-Diálogo
    2.10-Monólogo interior
  • Bloque 3 – Empezar a meterse onde cubre:
    3.1-Os motivos literarios
    3.2-Tipos de narración (desde os contos e as lendas tradicionais, até narracións máis ambiciosas)
    3.3-Aspectos e elementos específicos da narración

DOCENTE

Son Carlos Cartoné, editor, co-fundador da editorial independente Irmás Cartoné, e tradutor freelance. Tras máis de 15 anos traballando no sector editorial como revisor, corrector, redactor, lector e até vendedor de libros, trato de compartir a miña experiencia coa escrita.

DESTINATARIAS

Toda persoa que queira escribir pero non saiba como comezar, ou que sinta inseguridade á hora de abordar a creación literaria ou queira coñecer a fondo as técnicas e os elementos básicos da narración… Tamén que xa escriba sen conseguir facelo de xeito habitual, quen non atope a súa voz ou quen sinta que necesita profundar nos seus coñecementos do proceso creativo.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Impresión dos escritos das persoas participantes, dos exercicios semanais e doutros textos.

NECESIDADES

Papel e bolígrafo, ou se prefires, ordenador portátil.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: