
Expresión Dramática
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
O curso de expresión dramática de Unitaria en Santiago de Compostela é para quen quere conectar co seu corpo, a súa voz e a súa presenza. Sen falta de ter experiencia teatral previa. Traballamos ao longo do ano de forma progresiva, nun grupo pequeno e moi implicado.
DESCRICIÓN
Entraremos en contacto ca expresión dramática desde a creación individual e colectiva co obxectivo principal de coñecer o código teatral e aprender a desfrutar do teatro.
PROGRAMA
O camiño ó desenrolo libre da creatividade pasa por un maior coñecemento de nós mesmos, pola comprensión do noso corpo como un elemento aglutinador de distintas realidades, emocionais e físicas, e como vehículo de comunicación. No obradoiro proporcionaremos as ferramentas precisas para expulsar esa creatividade fóra a través do feito teatral.
- Xogos de Improvisación.
- Coñecemento do noso corpo como vehículo para a nosa expresividade
- Creación de personaxes.
- Análise de textos teatrais.
- Achegamento á escritura dramática.
- Creación de escenas .
- Presentacións de traballos abertos a público.
- Conceptos e xéneros teatrais
- Actuación ante a cámara.
- Preparación das probas para a ESAD
E todo o que vaia xurdindo, sen limitarnos.
Ademáis, contamos con MALFEITAS TEATRO, un grupo amateur que xurde das clases de expresión dramática que está na rede da Deputación da Coruña co que estamos comezando a actuar en escenarios da provincia.
DOCENTE: SANDRA LESTA
Levo 21 anos formando alumnos de tódalas idades en teatro. Son profesora e directora da Escola Municipal de Teatro de Negreira, autora de obras teatrais coas que recibín diferentes premios nas categoría infantil e xuvenil no Certame Provincial da Coruña e guionista de varios proxectos, ademáis de entrenadora de interpretación. Dirixo varios grupos de teatro aficionado que é onde mellor o paso.
DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas que desexan un achegamento ó código teatral dende a non profesionalidade.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Fotocopias con textos.
NECESIDADES
Roupa cómoda e ganas, moitas ganas!
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.