
STENCILMANÍA
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O deseño tipográfico con plantillas é unha excelente maneira de explicar e practicar os principios esenciais do deseño de tipografías. Neste obradoiro crearemos os caracteres principais do alfabeto cunha cantidade limitada de elementos. Compoñeremos unha palabra, unha mensaxe ou un logotipo, e trasladaremos o noso deseño a un material resistente para pintalo ou imprimilo.
Obxectivos:
— Comprender e practicar os principios esenciais no deseño de tipografías.
— Establecer as bases para crear un alfabeto completo a partir duns poucos caracteres existentes.
— Reflexionar sobre o papel da tipografía no campo da identidade e experimentar co deseño personalizado de tipos.
Preparación:
As persoas participantes deberán realizar unha investigación preliminar de frases ou palabras en plantillas atopadas nas rúas, en obxectos ou en catálogos antigos. Estas referencias servirán como punto de partida para o proxecto. A partir deste material, extraeremos os alfabetos cos que traballaremos e definiremos as partes, adaptando o proceso de traballo a cada estilo.
PROGRAMA
de 10 a 11 h
— Introdución ao obradoiro,
— Organización de grupos: dependendo do número de asistentes traballaremos individualmente ou en grupos de 2 ou 3 personas.
de 11 a 13 h
— Exploración de distintas ideas do noso lettering.
— Definición da palabra ou frase e das formas básicas necesarias para compoñela.
de 13 a 14 h
— Cando teñamos definidas as formas básicas da palabra ou frase que escollemos, decidiremos se queremos pasalo a debuxo vectorial ou seguir traballando sen ordenador, ambas opcións serán válidas.
No caso de optar polo deseño dixital, será necesaria experiencia e coñecementos dalgún programa de deseño vectorial (Illustrator, Affinity, Glyphs…) para poder desenvolver a idea de maneira autónoma.
En caso de que sexa manual, pasaremos a reproducir tantas formas como sexan necesarias, mediante copias e recorte, ou transferindo e perforando nun soporte semirríxido.
DESCANSO
de 15.30 a 16.30
— Crearemos a composición final a partir do método escollido
de 16.30 a 17 h
— Para rematar faremos unha exposición dos resultados e pecharemos o obradoiro con conclusións e comentarios.
DOCENTES: LAURA MESEGUER E MARÍA RAMOS
Laura Meseguer é deseñadora de tipografías e docente con sede en Barcelona. Dende hai máis de 20 anos, deseña logotipos e tipografías personalizadas para marcas, institucións culturais e editoriais. Traballou con clientes como TOUS, Typeform, Het Parool, Ajuntament de Barcelona e Google, entre outros. É cofundadora de Type-Ø-Tones. O seu traballo acumula premios nacionais e internacionales como os ADG-LAUS e o Type Directors Club.
http://www.laurameseguer.com
http://www.instagram.com/laurameseguer
http://www.type-o-tones.com
María Ramos é deseñadora de tipografías. Asentada en Compostela, é unha das fundadoras de NM type. Creou tipografías a medida para marcas como Jägermeister ou a Xunta de Galicia. Conta co recoñecemento de premios internacionais como o Type Directors Club ou os European Design Awards. Os seus proxectos levárona a pisar escenarios en lugares tan dispares como Cidade do Cabo e Soria.
http://www.marsidesino.com
http://www.instagram.com/marsidesino
http://www.nmtype.com
DESTINATARIAS
Estudantes, profesionais e docentes de deseño e outras disciplinas afíns (ilustración, arte…), con nocións básicas de tipografía.
MATERIAL INCLUÍDO
— Materiais de debuxo: lapis, goma de borrar e regra
— Materiais extra: pegamento de barra ou cinta adhesiva
— Soportes: papel branco, papel cuadriculado, papel cebola
— Ferramentas: tesoiras, cutter, superficie de corte
— Equipos: impresora
Cada asistente, se quere, pode traer outro material para debuxar, pintar, cortar e pegar.
NECESIDADES
O único requisito para participar é ter ganas de pasalo ben e experimentar coas formas tipográficas. No caso de querer traballar en formato dixital (non é obrigatorio) hai que traer un ordenador portátil con algunha aplicación de deseño instalada.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.










