BARRIOCAST

DESCRICIÓN

En Unitaria ofrecémosche a oportunidade de dar vida ao teu proxecto de podcast, poñendo ao teu dispor un espazo acolledor e equipamento profesional, que inclúe micrófonos, auriculares e mesa de son. Só precisas traer o teu ordenador e unha boa idea! Ademais, ofrecemos orientación inicial, propostas temáticas inspiradoras e publicamos os teus episodios en plataformas, para que as túas creacións cheguen máis lonxe. Participa neste proxecto colaborativo e crea as túas historias dende o barrio para o mundo! ️✨

️ Queres gravar o teu podcast? Nós poñemos o equipo!

En Unitaria queremos darche a oportunidade de crear o teu propio podcast, e poñemos todo o necesario ao teu dispor:

✔️ 4 micrófonos profesionais

✔️ 4 auriculares de alta calidade

✔️ Mesa de son para gravación

✔️ Un espazo cómodo e acolledor

Que necesitas traer?

O ordenador para as gravacións será responsabilidade das participantes, xa que a edición realizarase dende casa.

Por que participar neste proxecto?

Obradoiros previos: Ofrecemos sesións formativas para ensinar os fundamentos de gravación e edición.

✨ Temas inspiradores: Se precisas ideas, propoñemos temas relevantes como historias do barrio, arte, música ou relatos persoais.

Colaboración e comunidade: Anímate a colaborar con veciñ@s e a crear novas conexións a través do podcast.

Difusión asegurada: Publicaremos os episodios en plataformas, ademais de promocionalos nas nosas redes sociais.

Como participar?

Envíanos unha proposta ao noso correo con:

1️⃣ Unha breve descrición do podcast.

2️⃣ A duración estimada de cada capítulo.

3️⃣ O número de capítulos que terá cada tempada.

4️⃣ Os datos das persoas participantes.

Email: queroaprender@escolaunitaria.com

DESTINATARIAS

Calquera persoa interesada no mundo do podcasting e en iniciar o seu propio proxecto de podcast.

MATERIAL INCLUÍDO

✔️ 4 micrófonos profesionais

✔️ 4 auriculares de alta calidade

✔️ Mesa de son para gravación

✔️ Un espazo cómodo e acolledor

Guía de iniciación para o teu podcast

Porque as mellores ideas merecen ser escoitadas.

1. Planifica o teu podcast

•Define o tema: Escolle un tema que te apaixone e que poida interesar á túa audiencia (historia, arte, música, entrevistas…).

•Estrutura básica:

•Introdución: Presenta o tema e engade unha frase que enganche.

•Desenvolvemento: Fala sobre o tema en detalle, mantendo unha narrativa clara.

•Peche: Resume os puntos clave e despídete cunha chamada á acción (pide opinións, suxire seguir o podcast, etc.).

•Duración: Decide canto durará cada episodio. Recomendación: 15-30 minutos para episodios curtos ou 45-60 minutos para temas máis profundos.

2. Prepara o guión

•Esquema inicial: Define os puntos que vas tratar en cada episodio.

•Linguaxe sinxela e natural: Fala como o farías cun amigo para conectar mellor coa túa audiencia.

•Engade pausas e variacións: Marca cando facer preguntas ou deixar un silencio para enfatizar.

3. Configura o equipo

•Equipo necesario:

✔️ Micrófono de boa calidade.

✔️ Auriculares para escoitar o son en tempo real.

✔️ Mesa de son (opcional, se queres mesturar varias fontes de son).

✔️ Ordenador para gravar e almacenar os episodios.

•Software de gravación recomendado:

•Audacity (gratuíto e sinxelo de usar).

•GarageBand (para usuarios de Mac).

•Configuración básica:

•Escolle un espazo tranquilo, sen ruídos.

•Mantén o micrófono a unha distancia de 15-20 cm da boca.

•Usa auriculares para monitorizar o son durante a gravación.

4. Grava o teu episodio

•Proba de son: Antes de comezar, fai unha proba para comprobar o volume e a calidade do son.

•Gravación en segmentos: Se cometes erros, pausa e segue; podes editar despois.

•Mantén un ton relaxado: Fala claro e con emoción para manter a atención da audiencia.

5. Edición básica

•Software para editar:

•Audacity ou GarageBand.

•Descript para transcricións e edición avanzada.

•Axustes clave:

•Corta silencios ou erros.

•Axusta o volume para que sexa uniforme.

•Engade música ou efectos para a introdución e o peche (usa música libre de dereitos).

6. Publica e comparte

•Plataformas de publicación:

•Anchor (sinxelo e gratuíto para comezar).

•Spotify, Apple Podcasts ou YouTube.

•Promoción:

•Comparte o teu podcast en redes sociais e grupos do barrio.

•Pide á túa audiencia que comparta os episodios e deixe comentarios.

Se precisas máis axuda ou apoio técnico, conta con nós en Unitaria! ️

Agora, a gravar! ✨

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

A partir de agora, diferentes creadoras de podcast pasarán por Unitaria algúns venres para gravar, compartir procesos e probar formatos. Taquilla inversa e posibilidade de tomar algo mentres escoitas.

👇PRÓXIMOS PODCAST👇

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das nosas casas, non. Para subir ao noso faiado hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes un espazo, agardamos que acolledor.

Queremos xerar un espazo de conversa e humor para a xeración Z galega. Queremos darlle visibilidade a creadorxs de contido e artistas galegxs, pero tamén traer aos referentes de toda unha xeración (incluso de anteriores), falar dos temas que nos apaixoan e nos motivan dende un ángulo diferente e sempre con moita, moita naturalidade.

Neste capítulo, que gravaremos en directo na Escola Unitaria, falaremos do fenómeno da música urbana en galego. Nos últimos meses está habendo unha explosión neste xénero, xa que vemos que cada vez máis rapaces están empezando a facer música urbana en galego. Virán conversar con nós 9Louro e Kid Mount, dous nomes á orde do día que se están convertindo en moi representativos da escena.

Entrada a taquilla inversa: vés ao podcast e ao saír das a cantidade que consideres. Sé xenerosx!

Ata completar aforo.

👇PODCASTS PASADOS👇

🧠💥 A ruína do coñecemento 💥🧠

As cagadas na investigación son o pan de cada día. E cando dicimos investigación non falamos só de probetas e microscopios: mamadas en museos, caca en bibliotecas, liadas en arquivos, artes, humanidades… e si, tamén ciencias ocultas 🤣

Aquí vale todo o que sexa COÑECEMENTO.

Nesta edición do podcast queremos escoitar a túa miseria, convertela en conto e rir xuntas.

🎙️ Haberá invitade especial.

📩 Envía un audio ou texto coa túa liada parda a

festasdobarrio@gmail.com

👉 Miserias de tódolos campos do saber.