A PALABRA COMO ACCIÓN

  • Impartido por:  Tito Asorey

  • Duración: 40 horas (8 días)

  • Horario: de 10:35h a 15:35h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición:

    250€ (se te apuntas antes do 31 de maio 2025)

    295€ (se te apuntas a partir do 1 de xuño 2025)

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29 ,30, 31 de xullo de 2025

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste curso tentaremos reivindicar o poder da palabra como vehículo de expresión humana e artística, potenciando as ferramentas que cada un de nós pode ter e presentando un método de traballo no que cheguemos, dun xeito satisfactorio, a converter a palabra escrita en vida, en acción, en realidade.
Este obradoiro de nove días é un intensivo de técnica textual enfocado a proporcionar un conxunto de ferramentas e procedementos que nos poidan axudar á hora de enfrontarnos cun texto escrito. Traballaremos verso, prosa, escenas teatrais e secuencias audiovisuais para achegarnos á palabra desde varias perspectivas.
Pero a exploración arredor da palabra non é un territorio reservado ao ámbito teatral ou audiovisual, senón que conecta directamente co que se retrata a través deles: a necesidade natural de expresión na vida.

PROGRAMA

OBXECTIVOS XERAIS

Formular e poñer en práctica procedementos e técnicas que permitan abordar o traballo de interpretación a través dun texto escrito.
Valorar a expresión oral como medio para recoñecer e poñer en acción pensamentos, sensacións, emocións e intuicións.
Profundar nos procesos de análise, emisión e recepción da palabra.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Comprender os mecanismos de emisión de voz a nivel anatómico dun xeito práctico. A diferencia entre mecanismo de peito e mecanismo de cabeza.
Aprender a ler e analizar un texto dramático en termos de acción.
Asimilar a importancia da escoita activa como elemento fundamental da interpretación.
Aprehender como a forma da escrita nos pode dar as pistas adecuadas para a súa elocución.
Capacitar as persoas asistentes para optimizar o emprego da palabra en termos de rexistro, claridade e textura.
Comprender a base dun traballo en continuidade e como diferenciar a linguaxe escrita da oral en termos de técnicas.

METODOLOXÍA

O obradoiro terá lugar en sesións prácticas centradas no traballo sobre os seguintes materiais:
Traballo de expansión vocal e análise da ferramenta física coa que contamos. O corpo como sostén básico da palabra.
Traballo sobre verso. A estrutura como posibilitadora de liberdade expresiva. O verso clásico. A poesía contemporánea.
Traballo sobre prosa literaria. O feito de ler en alto como ferramenta de entrenamento actoral. O traballo de locución en audiolibros.
Traballo sobre escenas dramáticas. Análise activa do texto dramático e traballo escénico por parellas. Usaremos diversas escenas de teatro tanto clásico como contemporáneo.
Traballo sobre secuencias audiovisuais. A análise dunha secuencia audiovisual. Grabación de secuencias e posterior análise do resultado.

DOCENTE: TITO ASOREY

Tito Asorey compaxina desde o ano 2000 a súa dobre faceta como actor e director de escena, tratando de establecer unha retroalimentación o máis frutífera posible entre estes dous oficios. Outro aspecto da súa actividade que é preciso destacar é a súa dedicación á docencia teatral en varias institucións e centros educativos. Desde o ano 2018 é tamén locutor de audiolibros, levando a cabo máis de de 14 proxectos, entre eles clásicos da literatura como Los gozos y las sombras de Torrente Ballester ou moitas das obras de Camilo José Cela.

Como actor participou en máis de 25 espectáculos teatrais profesionais, e en series como Serramoura, Fariña, Servir y Proteger, Valeria ou Pazo de Familia. Como director foi responsable de máis de 20 espectáculos profesionais, nos que destacan O Home Almofada, Perplexo, Resaca, Fariña, Somos Criminais, A Lúa vai encuberta, Unha inimiga do pobo, Continente María ou Non Pasarán.

A súa formación provén básicamente do seu propio autodidactismo e práctica, os seus estudos na ESAD de Galicia, onde se gradúa como Director de Escena, e o seu paso pola Compañía Nacional de Teatro Clásico, onde exerce o cargo de axudante de dirección e coordinador pedagóxico da Joven Compañía de Teatro Clásico.
Entre os premios recibidos, conta con 8 Premios María Casares, sendo candidato en diversas categorías noutras 18 ocasións máis. Estivo nomeado aos Premios MAX no ano 2024, sendo candidato en tres ocasións máis, e por dúas veces foi nomeado ao Premio da Asociación de Directores de Escena de España.

http://www.titoasorey.com

DESTINATARIAS

Intérpretes -profesionais ou non-, directoras/es, dramaturgas/os, docentes e toda persoa interesada no mundo da interpretación e da expresión oral.

NECESIDADES

Os participantes deberán traer: roupa cómoda e ganas, moitas ganas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: