
CACHARAGE AGAINST THE MACHINE

PROGRAMA
DEFINICIÓNS
Baño de Sintes
É unha actividade de escoita centrada na creación en directo de música ambient mediante sintetizadores modulares. Durante a sesión, as persoas participantes permanecen en silencio mentres o intérprete xera capas sonoras continuas, de intensidade moderada, deseñadas para favorecer a concentración e a relaxación. O obxectivo é ofrecer un contorno auditivo estable que facilite estados de atención plena semellantes á meditación, sen instrucións verbais adicionais nin estímulos visuais relevantes.
Jam de Sintetizadores
É unha sesión aberta de improvisación colectiva con hardware analóxico, dixital e modular. Cada participante conecta o seu instrumento a un sistema de mestura común e, mediante quendas ou diálogo espontáneo, constrúe en tempo real paisaxes sonoras, secuencias rítmicas e texturas experimentais. O obxectivo é propiciar o intercambio de técnicas, a exploración libre de timbres e a creación de pezas efémeras que só existen durante a propia sesión, sen xerarquías nin restricións estilísticas.
Sesión de Dubbing (Live + Mix). Como mixear un proxecto de electrónica.
Durante 90 minutos, Carlos (Parautas) e Adrián (Juait) realizarán levarán a cabo unha sesión de sonorización dun live de electrónica, apoiándose na técnica clásica do dubbing, unha reinterpretación das técnicas que usaban os xamaicanos nos anos 80, pero con un carácter didáctico.
Carlos utilizará elementos de son propios dun live de electrónica cos seus sintetizadores e samples, explicando a orixe do son e as súas modulacións. Mentres, Adrián recollerá os elementos para o seu tratamento acústico dentro do amplo rango de frecuencias e dinámicas que se poden dar na música electrónica.
B2B de Sintetizadores
É unha sesión na que as persoas participantes se organizan por parellas para improvisar en diálogo continuo. Cada dúo comparte o mesmo bus de mestura e alterna intervencións –ou superpón nelas–, combinando secuencias, texturas e modulacións xeradas en tempo real con hardware analóxico, dixital ou modular. A dinámica enfronta dous puntos de vista sonoros que se retroalimentan, fomentando a escoita activa, a resposta inmediata e a experimentación con técnicas e timbres. O resultado é unha peza colectiva en constante transformación, na que cada cambio de mans redefine o pulso e mantén a tensión creativa sen liderados fixos nin rumbos preestablecidos.
Xestionando Visuais con Max for Live
impartido por Marta Verde, artista visual e docente en Berklee. Dirixido a músicas e produtoras interesadas en integrar visuais nos seus directos, o curso explora Max for Live, Jitter, OpenGL e a libraría AVToolbox para crear gráficos audioreactivos sincronizados con Ableton Live. Cun enfoque práctico e accesible para persoas sen experiencia previa en programación visual, a inscrición custa 75 €. As prazas son limitadas a 12 persoas. Inscricións vía correo electrónico a queroaprender@escolaunitaria.com.
Instruccións de inscrición – Jam B2B de Sintetizadores
- Prazo de solicitude: Aberto do 1 ao 15 de maio (23:59 h)
- Número de prazas: Máximo 6 parellas (12 persoas). Admitiranse por orde de recepción unha vez verificado que cumpren os requisitos.
- Requisitos para participar
- Dispor dun sintetizador (analóxico, dixital ou modular) e os cables de audio/alimentación necesarios.
- Compromiso de permaneceren no espazo durante toda a sesión (aprox. 3 horas).
- Información que hai que enviar FORMULARIO ONLINE
- Criterios de selección
- Estrita orde de chegada de correos + revisión de requisitos técnicos
- Confirmación de praza
- O 16 de maio enviarase un correo de aceptación ou lista de agarda.
- As parellas admitidas deberán responder antes do 19 de maio, 14:00 h confirmando a súa participación; en caso contrario cubrirase a praza coa seguinte da lista de espera.
- Aportación e horarios
- A Jam realizarase o 24 de maio de 16:00 a 20:00 h; cada parella disporá dun bloque de 15 min (orde decidido por equipo produción).
- Backline e lóxistica
- A organización fornece mesa de mestura, PA, soportes e monitorización básica.
- Cada participante é responsábel do transporte, montaxe e funcionamento do seu equipo.
Contacto para dúbidas: en queroaprender@escolauntiaria.com
10.00 OBRADOIRO Marta Verde
XESTIONANDO VISUAIS CON MAX FOR LIVE
13.00
BAÑO DE SINTES
Escoita meditativa con música ambient en directo.
EaranX
14.00
JAM DE SINTETIZADORES
Impro colectiva en directo con sintetizadores e cacharros varios. Amor e caos.(Non require inscrición, pero avisa se ves)
16.00
PARAUTAS + JUAIT
Sesión de Dubbing (Live + Mix). Como mixear un proxecto de electrónica.
17.30
JAM B2B
Improvisación por parellas en directo con sintes.
Seleccionamos a 6 parellas.(require inscrición. Ver bases).
19.00
Anuncio COMUNIDADES
19.10
TALK + Bolo
DEATH WHISTLE
20.30
FÍ0 (FONSI)
21.15
SOUL LAZH LIVE
VHF visuais





