CORO UNITARIO

  • Impartido por: Mon Orencio

  • Horario: de 17:45h a 19:45h os luns.

  • Mensualidade: 35 eur

  • Datas: de outubro a xullo

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

Hai un lugar onde os luns se abren as gargantas e os corpos se espreguizan coa música. Un lugar onde cantar é un acto de comunidade, de resistencia e de beleza compartida.

Ese lugar chámase Coro Unitario. E agora, baixo a dirección de Mon Orencio (Mr. Cool), seguimos construíndo un proxecto coral vivo, esixente e profundamente humano.

Buscamos voces verdadeiras, non perfectas. Persoas con ganas de cantar en grupo, de implicarse nun proxecto artístico colectivo e de entender que a música tamén pode ser abrigo, lanza, berro ou bálsamo.

Se che vibra o peito cando escoitas gospel, se te emocionas cun coro en directo ou levas tempo querendo formar parte dun proxecto así, gustaríanos escoitarte.

O coro

  • Ensaios: luns de 17:45 a 19:45, a partir de outubro.
  • Lugar: Unitaria (San Pedro, Compostela).
  • Repertorio: rock, clásico, gospel, blues, soul, jazz, bossa, pop e outras músicas contemporáneas.

Probas de acceso

As probas de acceso celebraranse durante o mes de setembro (datas por confirmar).

O coro conta actualmente cun grupo estable dunhas 35 voces, polo que nesta convocatoria non buscamos incorporar moitas persoas.

Neste momento precisamos principalmente voces masculinas. Ademais, buscamos persoas cun mínimo de afinación e capacidade para integrarse nun coro xa consolidado. Non é imprescindible ter experiencia previa en agrupacións corais, pero si unha boa base musical e compromiso co traballo colectivo.

Se non podes asistir na data que se convoque, escríbenos igualmente e intentaremos buscar outro momento para facer a proba.

Inscrición

Envíanos un correo con:

  • Nome completo
  • DNI
  • Teléfono
  • Obradoiro no que queres participar

a: queroaprender@escolaunitaria.com

Forma parte dun proxecto artístico con valor social, onde a música é unha ferramenta de encontro, coidado e transformación.

En Unitaria, cantamos para facer comunidade.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: