XADREZ

  • Impartido por: Cristina Filgueira

  • Horario: 20:00h  a 21:00 os luns.

  • Mensualidade: 40 eur

  • Duración: de setembro a xuño

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN ♟️

Xadrez iniciación ou para persoas afeccionadas que teñan uns coñecementos básicos e saiban xogar sen técnica específica. Se sabes mover as pezas, pero aínda non entendes que fai ese cabalo saltando por riba de todo… este curso é para ti!

Un espazo divertido e didáctico para iniciarte no mundo do xadrez ou retomar o xogo se xa tes unhas nocións básicas. Aquí non che pedimos que saibas a defensa siciliana, pero si que teñas gana de aprender, compartir e pasalo ben mentres melloras partida a partida.

PROGRAMA

O programa adaptarase segundo o nivel e os intereses das persoas participantes, pero pode incluír cousas como:

♟️ Movementos básicos das pezas e normas fundamentais

Aperturas sinxelas e útiles (sen complicacións nin nomes raros)

Xaques mates que molan (e como evitalos!)

Tácticas e estratexias para o medio xogo

Xogos creativos usando as pezas do xadrez

️ Como se usa un reloxo de xadrez e para que serve

Que pasa nun torneo? Podemos ir a algún?

Aplicacións e programas para practicar online

Pequena viaxe pola historia do xadrez (mitos, lendas e verdades)

Referentes femininos e non tan coñecidos

Un chisco de estatística e lóxica numérica para darlle ao coco

DOCENTE

Cristina Filgueira Fernández é educadora social, orientadora laboral, pedagoga social e laboral. Utiliza o xadrez como ferramenta pedagóxica para traballar pensamento estratéxico, igualdade de xénero e competencias transversais en obradoiros accesibles e participativos. Xoga diariamente ao xadrez dende os 7 anos. 

DIRIXIDO A

  • Xente con curiosidade que sempre quixo aprender a xogar “de verdade”.

  • Persoas adultas, a partir de 16 ou 18 anos.
  • Afeccionadas/os que xogan co avó ou a sobriña pero queren avanzar.

  • Persoas que buscan un espazo relaxado onde aprender xuntas sen presión.

Se queres pensar, rir, aprender e sorprenderte co que agocha este xogo milenario… este é o teu sitio.

Apúntate xa!

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Fotocopias (planillas, problemas de xadrez, posicións, relatos)

NECESIDADES

Recomendamos traer unha libreta ou bloc de notas (ou o móbil) para quen queira anotar ideas, xogadas ou recursos útiles ao longo das sesións.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: