NARRAR O SENTIDO. OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

  • Impartido por: Alberte A. Pereira

  • Duración: 12 horas

  • Horario: sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e domingo de 10:00 a 14:00

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 180€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Data: sábado 11 e domingo 12 de abril

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Redescubrir a cidade a través da deriva e o vagabundeo intuitivo. Camiñar, ver, mirar, pensar, sentir, escoitar, rexistrar…

Rutas indeterminadas, perderse, aceptar outras direccións, escoitar a cidade, experimentar… realizaranse fotografías a partir das sensacións percibidas no transcurso do vagar intuitivo, intentando buscar unha perspectiva persoal.

PROGRAMA

Sábado:

  • 10:0 a 11:30: Charla teórica a nivel conceptual do obradoiro, con exemplos de traballos.
  • 11:30 a 12:00: Café antes de saír á práctica.
  • 12:00 a 14:00: Práctica na rúa.
  • 16:00 a 20:00: Práctica na rúa.

Domingo:

  • 10:00 a 14:00: Edición, visualización e comentarios sobre os traballos realizados.

DOCENTE: ALBERTE A. PEREIRA

Alberte A. Pereira é fotógrafo autodidacta e independente. Ata 2012, cando comezou a implicarse de cheo, a súa relación coa fotografía era intermitente. Dende entón, a rúa foi o seu principal campo de acción, centrándose na observación do espazo público e a súa narrativa.

O seu traballo enfocouse, sobre todo, en achegarse ao espazo urbano dende unha perspectiva crítica, utilizando como metodoloxía a deriva. Nel refléxanse as alteracións da orde establecida pola oficialidade, a distopía urbana e a alienación social.

A súa formación estivo marcada por cursos e talleres con fotógrafos de renome como Cristóbal Hara, José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Rafa Badía, Nicolás Combarro, Walter Astrada e Óscar Molina, entre outros.

Ao longo destes anos, o seu traballo foi recoñecido en varias ocasións e puido mostralo en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, en cidades galegas (Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra, Ferrol) e a nivel internacional (Lisboa, Miami, San Francisco, Londres, Milán).

Hoxe, a súa fotografía evolucionou cara a unha liña máis persoal e autoral, sen abandonar o seu interese polo traballo documental, que sigue a desenvolver en paralelo.

En 2016, xunto con outros tres fotógrafos, fundou Quitar Fotos, un espazo de reflexión, diálogo e difusión de propostas visuais de rúa e documentais.

DESTINATARIAS

O obradoiro está dirixido tanto a fotógrafxs de nivel medio e avanzado, como a principiantes, que queiran adentrarse no mundo da fotografía máis persoal en espazos públicos, utilizando o vagabundeo intuitivo e a deriva como forma de “escoitar” a cidade.

É necesario saber empregar a cámara fotográfica.

NECESIDADES

Cámara fotográfica coa que estén familiarizados.

Portátil con algún programa de edición instalado.

Calzado cómodo para andar.

Ganas de experimentar e entender a fotografía doutro xeito.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: