
OFICINA DE LUZ
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
A Oficina da Luz é un proxecto de transmisión de coñecementos e experiencias adquiridas ao longo dunha traxectoria de máis de 38 anos dedicada ás artes e ás estratexias escénicas: creación, produción e coprodución de ducias de espectáculos.
Esta experiencia non procede unicamente da vertente artística, senón tamén da creación e xestión de espazos escénicos de exhibición contemporánea, da programación, da organización e da dirección técnica de festivais, tanto en teatros como en espazos ao aire libre.
Importante destacar que non se trata dunha clase técnica sobre o funcionamento de mesas de iluminación, DMX, aparellos móbiles, etc. O obxectivo é estimular a creación de espazos e de espazos de luz, algo que denomino Partitura de Luz ou Pensar a Luz.
PROGRAMA
1ª PARTE
Relación entre: luz, espazo escénico, vídeo e música/son
Concepto e decisións previas da iluminación e a súa relación co espazo escénico e co son.
Sempre desde o meu punto de vista estético e a miña experiencia persoal.
Comezarei cunha serie de preguntas sobre os intereses prioritarios das persoas asistentes para adaptar a sesión a un contexto práctico e útil. Sen embargo, non deixarei de abordar aqueles aspectos que considero imprescindibles.
Responderei sempre da forma máis gráfica e visual posible, empregando unha selección de máis de 300 pequenos vídeos e imaxes de entre 30 e 90 segundos, todos eles procedentes de traballos propios.
Utilizarei unicamente os materiais relacionados coas consultas formuladas e outros como apoio visual para explicar conceptos.
A LUZ COMO…
- Dramaturxia da luz: relación entre espazo escénico, intérpretes, iluminación e texto.
- A luz como unha sucesión de cadros en movemento (fragmentación dun espectáculo).
- A luz como espazo escénico.
- Diferenciar a luz “importante” dun espectáculo da súa luz “transicional”.
O ESPAZO ESCÉNICO
- Espazo escénico activo cara ao público e espazo pasivo.
- O espazo entendido tamén como un personaxe.
OS OBXECTOS
- O valor dos obxectos.
- A súa relación coas persoas intérpretes, co espazo escénico e coa iluminación.
- Os obxectos como personaxes.
CONCEPTOS
- Iluminación no teatro / Iluminación na danza (supostas diferenzas).
- Como facer posibles as ideas e aproveitar as limitacións.
- A utilidade dos “accidentes”.
- Cor ou ausencia de cor na iluminación.
- Luz de sacrificio: equilibrio entre as necesidades da dirección, do espectáculo e da persoa encargada da iluminación.
Aspectos imprescindibles
(segundo o nivel e os intereses das persoas asistentes)
- Planos de iluminación (de gran e pequeno formato). Considero útil analizar diferentes exemplos.
- Interpretación dun plano de iluminación. (Non imprescindible nun nivel básico).
- Filtros e as súas características, especialmente a súa relación cos aparellos de iluminación e o control da temperatura de cor como base da iluminación. (Non imprescindible nun nivel básico).
- Riders técnicos, que veremos como exemplo.
- Tipos de aparellos de iluminación e as súas características. (Non imprescindible nun nivel básico).
2ª PARTE
Descrición dos procesos creativos de 6 espectáculos e dos seus resultados finais
Non se trata de visualizar os espectáculos completos.
Empregaranse pequenos fragmentos de vídeo, planos técnicos e materiais gráficos para explicar os procesos creativos.
Cada espectáculo convértese nun percorrido por diferentes disciplinas:
- teatro,
- danza,
- iluminación,
- son,
- vídeo,
- maquinaria,
- posta en escena,
- obxectos,
- materiais,
- espazo escénico,
- música en directo,
e, sobre todo, pola relación entre todas elas dentro dun contexto contemporáneo.
Describirei seis espectáculos nos que participei directamente na súa creación.
Detereime especialmente naqueles aspectos que considero máis relevantes e responderei ás preguntas que vaian xurdindo.
Nestes proxectos desenvolvín tarefas de:
- Dirección, codirección e creación.
- Concepto xeral do espectáculo e dramaturxia visual previa.
- Deseño do espazo escénico.
- Composición de músicas orixinais e produción sonora.
- Integración e combinación da maquinaria co sistema de iluminación.
- Creación de obxectos escénicos e de vídeos específicos.
- Deseño de vestiario, deseño gráfico e deseño web, sempre vinculados á proposta estética do espectáculo.
OS ESPECTÁCULOS
INLOCA
Coprodución Matarile / Centro Dramático Nacional (CDN)
Proceso do concepto xeral do espectáculo: luz, espazo, son, vídeo e integración da maquinaria escénica coa iluminación.
HOMBRES BISAGRA
Baltasar Patiño / Matarile
Concepto xeral do espectáculo: luz, vídeo e música en directo con electrónica vintage.
PUSSY CAKE
Baltasar Patiño, co apoio de Matarile (2023)
Proceso do concepto xeral do espectáculo: luz, vídeo, son e coreografías.
EL CUELLO DE LA JIRAFA
Matarile
Concepto xeral do espectáculo: luz, espazo de relación moi próxima e case individualizada co público. Importancia dos obxectos, con iluminación e son controlados en tempo real.
DOCENTE: Baltasar Patiño
Baltasar Patiño é un creador escénico multidisciplinar cunha traxectoria de máis de 38 anos no ámbito das artes vivas. Desenvolve o seu traballo na intersección entre a iluminación, a escenografía, o son, o vídeo, o deseño gráfico e web, a dirección artística e a dirección técnica, construíndo unha linguaxe propia vinculada á creación contemporánea. En 1986 fundou Matarile, unha das compañías pioneiras do teatro contemporáneo en Galicia, e posteriormente impulsou e dirixiu proxectos fundamentais da escena independente como o Teatro Galán, o Festival Internacional En Pé de Pedra e o espazo In-Permanente. En 2007 representou a España como iluminador e escenógrafo na Cuadrienal de Praga.
Ao longo da súa carreira participou en máis dun cento de producións de teatro, danza e ópera, colaborando con institucións e compañías como o Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Teatro de La Abadía, o Auditorio de Galicia, La Casa Encendida, Gelabert-Azzopardi, Provisional Danza, Sarabela Teatro ou Producións Teatrais Excéntricas. O seu traballo foi presentado en numerosos escenarios nacionais e internacionais e recibiu múltiples recoñecementos, entre eles dúas finais e cinco candidaturas aos Premios MAX, once Premios María Casares, dous Premios Compostela de Teatro, o Premio da Crítica de Galicia e o Premio Abrente da MIT de Ribadavia. Na actualidade incorpora tamén ferramentas de intelixencia artificial aplicada ao vídeo e á creación escénica, entendéndoas como novos dispositivos para transformar a imaxe, a narrativa e os procesos creativos.
DESTINATARIAS
A masterclass está dirixida a profesionais, estudantes e persoas interesadas nas artes escénicas, especialmente nos ámbitos da iluminación, a escenografía, a dirección, a dramaturxia, o son, o vídeo, a danza e o teatro. Non é necesario contar cunha formación técnica avanzada, xa que a proposta non se centra no manexo de equipos, senón en pensar a luz como parte da creación escénica, explorar a súa relación co espazo, os corpos, o son e a imaxe, e coñecer procesos reais de creación contemporánea.
MATERIAIS INCLUÍDOS
Todos os materiais están incluidos
NECESIDADES
Non é necesario traer ningún material específico nin contar con coñecementos técnicos previos. Recoméndase unicamente levar un caderno ou dispositivo para tomar apuntamentos e acudir con interese por reflexionar e participar activamente nas conversas e no intercambio de experiencias ao longo da sesión.
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.










