
DESEÑO DE TIPOGRAFÍAS CON SERIFAS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Un obradoiro de iniciación ao deseño de tipografías con serifas de estilo clásico, pensado para descubrir como nacen as letras que usamos cada día.
Ao longo da xornada exploraremos a historia das tipografías romanas, os seus fundamentos caligráficos e a súa evolución cara ao deseño dixital contemporáneo. A través de exercicios prácticos aprenderemos unha metodoloxía para debuxar, espazar e probar unha tipografía empregando Glyphs, unha das ferramentas profesionais máis utilizadas no deseño tipográfico.
Ao rematar o curso, cada participante terá creado un conxunto básico de caracteres en minúscula e comprenderá o proceso necesario para completar unha familia tipográfica.
PROGRAMA
- Introdución ás tipografías romanas: historia e convencións.
- Principios básicos de caligrafía e construción das formas das letras.
- Bocetado e planificación dunha tipografía mediante ferramentas analóxicas.
- Introdución á aplicación Glyphs.
- Fundamentos do debuxo e do espazado das letras.
- Creación do conxunto básico de caracteres en minúscula.
- Probas, revisión e avaliación dos resultados.
QUE APRENDERÁS
Ao finalizar o obradoiro:
- Coñecerás as principais convencións do deseño de tipografías con serifas.
- Aprenderás un método profesional para debuxar e espazar caracteres.
- Crearás un primeiro alfabeto funcional en minúscula.
- Entenderás como desenvolver posteriormente unha tipografía completa.
O DOCENTE
Daniel Veneklaas é un deseñador de tipos holandés-colombiano afincado en Santiago de Compostela. Anteriormente desenvolveu a súa carreira en Australia e colaborou con fundicións e deseñadores internacionais como Sharp Type, Counter Forms e Seb McLauchlan, ademais de publicar diversas familias tipográficas propias. A súa práctica combina a tradición caligráfica coa creación de tipografía dixital contemporánea.
DIRIXIDO A
Deseñadoras, deseñadores, artistas, ilustradoras, estudantes e persoas interesadas na tipografía.
É recomendable, aínda que non imprescindible, ter experiencia previa con Glyphs ou con programas de debuxo vectorial como Adobe Illustrator.
REQUISITOS
Cada participante deberá traer:
- Un ordenador portátil Mac.
- A aplicación Glyphs instalada (existe unha versión de proba gratuíta de 30 días).
- Moitas ganas de aprender! 🙂
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.






