
CAÑAS & TIPOS
DESCRICIÓN
Inauguración da nova tempada de Cañas e Tipos en terras de Compostela. Será o sábado 31 de outubro en Escola Unitaria. Empezamos a iso das 18:30 da tarde.
A vosa festa tipográfica favorita conta novamento con convidadas que non deixarán a ninguén indiferente. Adentrarémonos en lugares pouco explorados, onde repousan as letras, coa deseñadora Alicia Calviño. Afastámonos do seu traballo en identidade visual e estratexia de marca para visitar os cemiterios galegos a través do seu proxecto de documentación Cemiterio Tipográfico. Doutra banda, escoitaremos falar da historia das letras dende a visión dalguén que leva un tempo adicándose a isto que chaman deseño de tipografías. Daniel Veneklaas é un deseñador holandés con raíces colombianas que, despois de pasar uns anos en Australia, na súa viaxe por distintos lugares do planeta fixo parada en Santiago. Na súa traxectoria conta con colaboracións con fundicións independentes ben coñecidas como Sharp Type ou Counter Forms.
Haberá petiscos, cervexa, sorteos e moitas letras.
Entrada de balde ata completar aforo.
https://www.instagram.com/cemiterio.tipografico/
https://www.instagram.com/daniel_veneklaas
E para completar a vosa xornada tipográfica, non esquezades apuntarvos ao obradoiro de Deseño de tipografías con serifas, que Daniel impartirá ese mesmo día na Unitaria.