Colaborar non é unha opción, é obrigación.

“Amiguiñas e amiguiños”: son numerosos os apoios incondicionais que rodean a Unitaria: amizades, familiares, veciñanza e profesionais de diferentes sectores aportan o seu grano de area para que este proxecto non cese na súa actividade.
Colaboracións: docentes, artistas e creadoras de diferentes ámbitos son contactadas ou contáctannos directamente para levar a cabo as súas propostas, contando cun espazo axeitado ás súas necesidades e que muta segundo o evento programado, sendo cada vez que se produce algo un lugar diferente.

Fomar parte do tecido cultural desta pequena cidade é vital para todas as axentes que a formamos. Aquí unhas poucas cas que xa fixemos movidas:

A Asociación Senunpeso Producións naceu Vedra en agosto de 2009. Foi fundada por un grupo de persoas que, ao amparo da Asociación Cultural e Deportiva Verea, puxeran en marcha en 2008 “Formacción, Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual”. Logo da realización de dúas edicións desta actividade, decidiron crear Senunpeso e centrarse no audiovisual. Hai que dicir que Senunpeso é a “alma máter” de Unitaria sen dúbida algunha.

Todo o ioga que se fai en Unitaria corre a cargo de AlmaZen de Yoga. Unhas cracks.

Tratan de facilitar a comunicación entre artistas, bandas, espazos e públicos co fin de ampliar e enriquecer a oferta cultural de Santiago de Compostela a través de iniciativas como: MelonaFest, A Melona Presenta, MelonaClub. +info

Galiza Emocional

O colectivo do que formamos parte para o desenrolo de Mapas Emocionais.

A nosa compinche oficial para os SUNDAY DRAMAS. Pero tamén podes contar con Grace para “Cenas Secretas”, mercados ou calquer tipo de evento. ONyVÁ

Sempre contan con nós para pechar a Semana da Novela Negra do Barrio de San Pedro. Uns soletes. Libraría Pedreira

Curtocircuíto

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, naceu no ano 2003 como unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, coa intención de potenciar a creación cinematográfica. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a integración da cidadanía no mesmo. Máis alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto é un punto de encontro lúdico e cultural.

AGAG

AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, fundada en 1997, co obxectivo de defender os intereses dos guionistas do sector audiovisual en Galicia. El 26 de outubro de 2016 constitúese como asociación sindical.

CREA

CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, fundada no ano 2002, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores/as e realizadores/as do sector audiovisual en Galicia.

AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando os actores, actrices, directores e directoras de Galicia

Zen Sui

O centro de fisioterapia Zen Sui é quen nos forma nas clases de Pilates todos os martes e o xoves.

Metrópoles Delirantes é un programa no que se fala de banda deseñada, pero tamén son partes do FUN FUN FUN Headquarters, o ente que crea e deseña o FUN FUN FUN o evento de autoedición.

7H Cooperativa Cultural é un proxecto de autoemprego colectivo no que apostamos pola economía social e a fórmula cooperativa por ser ésta un modelo de xestión empresarial centrado nas persoas e no compromiso coa comunidade.

Se hai que beber vermú nesta casa que sexa Lodeiros, que para eso é do mesmo barrio, e sempre colaboran en todos os saraos.

Se hai que tomar unhas cañas ou unhas tapas no Barrio, aquí ben.

Faltas? escríbenos! que non damos feito e igual olvidámonos de ti…

Máis de Tropezentos estudantes xa pasaron por Unitaria

#aprenderás