A columna vertebral da Asociación Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale, un proxecto pensado nas demáis dende a suma de esforzos e a paixón polo que facemos. O noso xeito de construir é a nosa filosofía de traballo:
1. Empoderamento
Apostamos por dotar ás persoas de ferramentas e coñecementos que lles permitan ser protagonistas das súas accións e decisións. Ti podes! Dálle aí!
2. Profesionalidade e calidade
Con quen nos xuntamos e máis nós, damos o mellor do que somos e sabemos facer… con xeito.
3. Sustentabilidade
Intentamos promover accións responsables co medio ambiente e a sociedade. Non hai planeta B.
4. Creatividade
Todo está inventado, nós diferenciámolo. “Debuxamos” o punto sobre o “i” segundo máis conveña ao público e á realidade… con orixinalidade e criterio.
5. Innovación
Atentas ás novidades propias do século no que vivimos recollemos as que reforzan o potencial do noso sector e poñémolas en práctica para xerar valor social… actualizámonos.
6. Implicación
A través do que podemos aportar á sociedade constrúese a nosa cultura e identidade… Se non aportas, aparta.
7. Militancia
Adicámonos ao que nos xera alegrías e nos quita o soño porque cremos nesto… resistimos.
8. Divertimento
Este proxecto e o noso modus operandi afástanse do sistema de produción tradicionalmente imposto… artellamos dende a profesionalidade gozándoa (de non ser así, non o facemos).
9. Colaboración
Potenciamos as sinerxías entre persoas, creemos na importancia de sumar esforzos, tecendo redes sólidas para acadar obxectivos compartidos e resultados máis ricos xuntas.
10. Adaptabilidade
Creamos proxectos que evolucionan coas necesidades do momento, axustándonos aos cambios e ás expectativas da sociedade. Sempre preparadas.
Máis de Tropecentos estudantes xa pasaron por Unitaria
#APRENDERÁS