Grazas por axudar a construír un futuro máis creativo. A túa xenerosidade fai posible Unitaria.
Querid@ espectador/a de stories, experto/a en memes e amante das risas que che regalamos:
Sabemos que che encanta seguirnos, rir coas nosas publicacións. Pero agora queremos pedirche algo máis… algo sinxelo, pero que pode marcar a diferenza:
Axúdanos a seguir creando e facendo que o mundo sexa un pouco máis divertido.
Non pasa nada se non viñeches aos nosos obradoiros ou eventos (aínda que nos encantaría verte). Se o noso traballo che arrincou un sorriso ou che fixo reflexionar, esta é a túa oportunidade de devolvernos o cariño cunha pequena doazón. ✨
Cun café menos á semana ou o prezo dunha caña, podes apoiar proxectos culturais únicos. Porque, sinceramente, ás veces rir non chega para pagar a luz do local.
(E prometemos seguir facendo memes épicos por ti.)
Grazas por estar aí, mesmo desde a comodidade do sofá. Ti tamén es parte desta comunidade. ✨

