GALEUROPA

GALEUROPA concíbese como un programa xuvenil de mobilidade transnacional centrado na mellora da empregabilidade e das competencias socio laborais de mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Mediante a facilitación de prácticas formativas non remuneradas en empresas multisectoriais do eido público e privado europeo se promoverá que os/as participantes:

  • Incrementen as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
  • Complementen a competencia profesional e persoal.
  • Adquiran competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
  • Fomenten a autonomía persoal.

CARACTERÍSTICAS E COBERTURA GALEUROPA 2019

Estadía de 3 meses (entre agosto e novembro) de prácticas formativas non remuneradas multisectoriais en empresas de Italia, Reino Unido e Azores.
Faránse 100 horas mensuais de prácticas e un curso de idioma na lingua de traballo do teu destino.
Durante a duración programa de mobilidade contarás co noso apoio e da entidade de acollida ademais de un mentor/a no país.
O programa prevee cubrir:

  • A viaxe de ida e volta.
  • Prácticas en empresa.
  • Aloxamento e manutención dos/as participantes.
  • Transporte local.
  • Seguro médico e de Responsabilidade Civil.
  • A formación lingüística de apoio.
  • Mentor/a no país.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA

  • Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado en Galicia.
  • Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Ter dispoñibilidade do 30 de agosto ao 30 de novembro e a motivación para vivir noutro país.
  • DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar.
  • Poseer tarxeta sanitaria europea.
  • En cumprimento dos criterios da orde se priorizá as personas de menor idade, sen experiencia en mobilidade. Se favorecerá a participación das persoas con diversidade funcional.
  • Superar o proceso de selección do programa.

Se estás interesado/a en participar podes contactarnos para resolver e aclarar aspectos da mobilidade únicamente nos seguintes contactos habilitados para o proceso: galeuropa.unitaria@gmail.com ou teléfono 881180112
Se queres facer a túa solicitude de acceso/interese no programa faino no seguinte enlace habilitado: