Loading...
Inicio2019-05-28T14:55:48+00:00

Espazo multidisciplinar para xente con FAME DE APRENDER.

📍Barrio de San Pedro 🏴‍☠️ SCQ
Obradoiros · Workshops · Eventos · Movidas Varias

Que somos?

Un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale, con base social na cidade de Santiago de Compostela, destinando a súa actividade ao desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas con inquedanzas e profesionais das Industrias Culturais e Creativas de Galicia, desde o punto de vista da creatividade: sector audiovisual, novas tecnoloxías, deseño gráfico, actoral, DIY, cómic, sector musical, etc.

★★★★★ 4.9 de 5
(baseado en 125 opinións)

O OBXECTIVO

Desenvolver accións multidisciplinares da ICC a través da posta en valor da formación, da calidade e da innovación favorecendo o intercambio de coñecementos e a divulgación da realidade do noso sector.

  • Banco de boas prácticas da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

  • Forma parte da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes

  • 1º Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 

  • Temos unha bandeira!

DECÁLOGO

Somos o que se ve, no noso día a día, nas nosas canles de comunicación (sempre en galego), nas equipas de traballo colaborativo, nas nosas propostas e na nosa xestión… sen filtros.

Con quen nos xuntamos e máis nós, damos o mellor do que somos e sabemos facer… con xeito.

o noso traballo entendémolo en beneficio de todas, artellado co esforzo colectivo e nunha mesma dirección… remamos no mesmo barco.

todo está inventado, nós diferenciámolo. “Debuxamos” o punto sobre o “i” segundo máis conveña ao público e á realidade… con orixinalidade e criterio.

atentas ás novidades propias do século no que vivimos recollemos as que reforzan o potencial do noso sector e poñémolas en práctica para xerar valor social… actualizámonos.

a través do que podemos aportar á sociedade constrúese a nosa cultura e identidade… sumamos.

adicámonos ao que nos xera alegrías e nos quita o soño porque cremos nesto… resistimos.

este proxecto e o noso modus operandi afástanse do sistema de produción tradicionalmente imposto… artellamos dende a profesionalidade gozándoa (de non ser así, non o facemos).

OBRADOIROS

EVENTOS

AXENDA

Últimos obradoiros & eventos agregados á axenda

Máis de 1,500 estudantes xa pasaron por Unitaria

#aprenderás