Quero apoquinar money para a Vaquiña.

para que a hostia que imos levar sexa menor…




Ola Amiguiñ* da Unitaria!

Xa saberedes que “Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale” é a asociación que xestiona, organiza, limpa, decora e ás veces baila na Unitaria. Esta asociación constituímola un par de ghillados que decidimos apostar por este espazo e poñelo no mapa. Nin nós mesmos saberiamos definilo correctamente, pero sentímolo como a nosa casa, e queremos que vós sintades o mesmo. Xe levamos seis aniños, e a verdade, aínda non podemos asimilar todas as sensacións que tivemos neste espazo neste tempo. E por iso queremos seguir intentándoo.

Xa pasaron por aquí miles de persoas, non-sei-cantos eventos programados, máis de tropemil alumn*s, mestr*s, colaborador*s, orador*s, peña que debuxa, que canta, que actúa, que fai rir, que baila, que fala dun libro ou do que lle dea a maldita gana.

Está claro que escollimos un xeito de vida… e non un negocio.

Por iso, se queres ser parte disto, porque a usas, a aproveitas ou porque simplemente che gusta: agora podes.

Con cartos, claro 😉 porque amiguiños si pero…

POR CADA NOVA ALTA UNHA BOLSIÑA DE TELA CO NOSO “APRENDERÁS”.

A recoller no noso espazo baixo cita previa a través do noso correo.