Impartido por Bea Lema

Nivel: Iniciación
Duración: 4 horas (2 sesións de 2 horas)
Horario: de 17.00 a 19.00h (4 horas en total)
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 45 €
Datas: 12 e 19 de xuño de 2015
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10 de Xuño


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

CONTIDO

O obxectivo do obradoiro é a realización de lámpadas de pasta de papel
de periódico empregando como molde botellas de plástico.

DOCENTE: Beatriz Lema
Deseñadora de produto con especial interese en traballar co “lixo”. Con
anterioridade creou o proxecto Lelédacuca e traballou no departamento
de deseño de Sargadelos.
bealema.tumblr.com

DESTINATARIOS

Para a realización do obradoiro non é necesario ter ningún coñecemento
previo polo que vai dirixido a todo tipo de persoas.

MATERIAL
Todo o material está incluido.

O obradoiro ten unha duración de 4 horas repartidas en dúas sesións:

1. Primeira clase, introdución, preparación da pasta e traballo cos moldes.

2. Segunda clase, desmoldeo e montaxe da lámpada.

O finalizar o obradoiro a lámpada estará lista para ser colgada.
O portalámpadas e o cable están incluídos no prezo, así como o resto de materiais.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!