Impartido por: María Lobo y Roi Guitián
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 16 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.ºde prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: sábado 11 e domingo 12 de xullo de 2015
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 8 de xullo
DESCRICIÓN
Elaborar unha mensaxe audiovisual efectiva con pouco recursos é posible, e neste curso aprenderemos a crear e difundir vídeos sinxelos para apoiar a nosa labor profesional ou para difundir iniciativas culturais e sociais.
PROGRAMA
Investigar e coñecer exemplos de boas prácticas no campo audiovisual con poucos recursos. Que vídeos funcionan e por que.
Planificar a idea: que mensaxe queremos transmitir, a quen vai dirixido (público), que necesidades hai e que recursos temos. Aprender a elaborar unha mensaxe en función da finalidade, destinatario/s, medio/s, etc.
Definir: elixir o/os formato/s idóneo/s, decidir onde e como o imos difundir, planificar o traballo, plan de produción, storyboard e guión técnico.
Actuar: gravar para comunicar, equipo técnico básico, intencionalidade e control da imaxe, composición, son. Realización audiovisual.
Actuar II: introdución á edición e primeiras nocións (captura, media library, selección de formatos, creación do timeline, etc.).
Aprender a moverse na interface dun programa de edición.
Coñecer os principios teóricos da edición non-lineal (expresividade, creatividade e eficacia). Compresión e códecs.
Difundir: Contidos públicos e privados, dereitos de autor e tipos de licenzas (Copyright, Creative Commons, Copyleft). Bancos de recursos libres de dereitos na rede. Como simplificar a mensaxe e crear sinerxías con outros colectivos. Exemplos de éxito. Técnicas para aumentar o impacto do noso vídeo e a súa viralidade.
Proxecto audiovisual: ao longo do curso, traballaremos na elaboración dunha peza audiovisual como acompañamento práctico dos contidos teóricos.
DOCENTES:
María Lobo é xornalista e profesora de TIC. Dende Gingko, colabora con diferentes asociacións e centros de ensino como docente de innovación educativa e novas metodoloxías didácticas a partir das TIC
@wider_sight
https://www.linkedin.com/in/marialobo
info@gingko.gal
Roi Guitián é realizador freelance especializado en comunicación e educación. Colabora con diferentes centros de ensino impartindo cursos de creación audiovisual para a integración das TIC na aula.
@roiguitian
https://es.linkedin.com/in/roiguitian
info@gingko.gal
DESTINATARIOS
Colectivos e axentes culturais, sociais e educativos e todas aquelas persoas interesadas en difundir actividades, denunciar situacións ou divulgar coñecemento con poucos recursos e máxima efectividade.
MATERIALINCLUÍDO NO OBRADOIRO
Ao final do obradoiro, os alumnos recibirán os materias teóricos empregados na aula con enlaces a titoriais das diferentes aplicacións empregadas.
NECESIDADES
Para participar no curso é necesario que cada alumno traia o seu propio ordenador para editar e algún dispositivo de gravación de vídeo: cámara, móbil, camara de fotos.