Impartido por: María Lobo e Roi Guitián
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 16 horas.
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: sábado 13 e domingo 14 xuño de 2015
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10 de xuño
DESCRICIÓN
Este curso propón un achegamento a diversas ferramentas de creación multimedia para para organizar contidos
e apoiar as exposicións, introducíndoas de forma creativa e adaptadas ao público obxectivo: presentación de proxectos,
visibilidade de actividades ou elaboración de materiais divulgativos.
PROGRAMA
Claves para unha boa presentación: redacción e corrección (correctores de texto e dicionarios), lexibilidade, tamaños de letras,tipografías recomendadas, descargar e instalar tipografías.
Dereitos de autor e tipos de licenza (copyright, creative commons, copyleft). Bancos de imaxes, sons e vídeos con licenza creative commons. Utilización dos filtros do buscador de Google e de Youtube para encontrar e descargar imaxes e vídeos.
As imaxes dixitais: principais formatos, tamaño e resolución.
Modificación de imaxes e creación gráfica: introdución á edición de imaxes dixitais con Gimp, primeiros pasos no retoque de imaxes e na creación gráfica.
Creación de presentacións multimedia con Prezi:agrupar a información en marcos, integrar imaxes, vídeo e audio, configurar a medida e a posición dos obxectos, construír a ruta de navegación da nosa presentación, compartir e/ou descargar a nosa presentación.
Aprender a facer vídeos animados con Powtoon: que é Powtoon, cales son as súas funcións e que posibilidades ofrece. Creación de vídeos en Powtoon: personaxes, fondos, audios, efectos…
As liñas de tempo como ferramentas para a presentación de contidos en orde cronolóxico.
Ferramentas para realizar presentacións de traballos ou proxectos en formato revista online e en formato portfolio.
Proxecto multimedia: ao longo do curso, traballaremos na elaboración de diferntes exercicios como acompañamento práctico dos contidos teóricos.
DOCENTES:
María Lobo é xornalista e profesora de TIC. Dende Gingko, colabora con diferentes asociacións e centros de ensino como docente de innovación educativa e novas metodoloxías didácticas a partir das TIC
@wider_sight
https://www.linkedin.com/in/marialobo
info@gingko.gal
www.gingko.gal
Roi Guitián é realizador freelance especializado en comunicación e educación. Colabora con diferentes centros de ensino impartindo cursos de creación audiovisual para a integración das TIC na aula.
@roiguitian
https://es.linkedin.com/in/roiguitian
info@gingko.gal
www.gingko.gal
DESTINATARIOS
Este curso, de nivel de iniciación, está destinado a estudantes, docentes e profesionais que queiran ampliar as súas competencias comunicativas e analizar o uso das TIC para apoiar esta labor.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Ao final do obradoiro, os alumnos recibirán os materias teóricos empregados na aula con enlaces a titoriais das diferentes aplicacións empregadas.
NECESIDADES
Para participar no curso é necesario que cada alumno traia o seu propio ordenador. Para as diferentes prácticas empregaremos software libre e ferramentas gratuitas online. É recomendable traer o software Gimp instalado. http://www.gimp.org.es/descargar-gimp.html