Impartido por: Alberto Hortas
Nivel: Medio
Duración: 35 h.
Horario: de 10 h. a 14 h. e de 16 h. a 19 h.
N.º de prazas: 6 min e 12 max
Cuota de inscrición: 295 €
Datas: Do 20 o 24 de Xullo de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

OBRADOIRO MÁSCARAS DE LÁTEX

DESCRICIÓN

O alumno/a (escultores/ás, artistas, maquilladores/ás, escenógrafos) aprenderá a deseñar unha personaxe para modelar en arxila gris desenvolvendo técnicas en modelado, con moldes de escaiola exadura e reproducindo as máscara en látex para moldes e escuma poliuretano flexible. Ademais aprenderán técnicas para pintar este material con pinturas especiais que se agarren a este material e cuns acabados verosímiles.

PROGRAMA

– Deseño dunha personaxe: deseño a lapis, referencias de anatomía, da natureza, a arte e o cine.
– Fabricación de estrutura para modelado.
– Modelado de escultura en barro cerámico: nocións de modelado e de texturas.
– Realización de molde en escaiola exadura e arpilleira.
– Enchedura do molde en látex líquido.
– Pintado a pincel.
– Sesión fotográfica.

DOCENTE: ALBERTO HORTAS

Alberto Hortas é un artista de efectos especiais de maquillaxe.
Traballou nas principais empresas do sector dos FX en España como Reis Abades, DDT, Plan 9 FX e Dharmaestudio participando en proxectos tales como: “El Espinazo del Diablo”, “El Laberinto del Fauno”, programa televisivo “Muchada Nui”, “Eva” e “Os Lobos de Arga”. Coa súa propia empresa, 4ojo estudio, colaborou para cine en longametraxes como “Galadas”, “Os Crebinsky”, e en teatro para o Centro Dramático Galego.
Ademais realizou unha gran cantidade de reproducións humanas para diversos museos e pezas para exposicións como a Fundación a Caixa.

MATERIAL INCLUÍDO NON OBRADOIRO

Escaiola Álamo: 1 saco
Látex moldes: 25 litros
Barro gris cerámico
Material de belas artes (pinceis, pinturas, etc)
Material das tendas chinesas (vasos, papel, etc.)
Harpillera ou tea de saco
Bases ou atrís de madeira DM para modelar
Platinas e tuvos de aluminio para ferramentas
Disolventes (hexano,alcohol 99)
Material funxible, sacos de lixo, escarvadentes, luvas,
Tallas de plástico, espátulas…


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

none

none

none

none