Impartido por: Nacho Lledó
Nivel: Medio/Avanzado
Duración: 16 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 95 €
Datas: 4 e 5 de xullo de 2015
DATA LÍMITE DE INCRICIÓN: 1 de Xullo


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

OBRADOIRO PHOTOSHOP EXTREMO

DESCRICIÓN
Técnicas avanzadas de retoque dixital fotográfico, tanto para retrato como para fotomontaxes, utilizando métodos non destrutivos de información.

PROGRAMA
Configuración do fluxo de traballo
Configuración de Photoshop
Dimensións vs. Resolución
Preparación dos arquivos (profundidade de bits, resolución, espazo de cor)
Manexo de formato RAW
PIXELS
Creación de capas e Obxectos Intelixentes
Selección e máscaras
Ferramentas de retoque e restauración
Uso avanzado de capas
Plugins filtros e efectos especiais
FIGURA HUMANA
Limpeza de pel
Separación de frecuencias
Ollos, labios, dentes, etc.
Pincel corrector e clonado
Dodge and burn
Igualado de ton de pel
Maquillaxe dixital
Licuado
Corrección de cabelos
Suavizados alternativos
CORRECCIÓNS DE COR
Edición modo non destrutivo
Correccións de imperfeccións de cor
Corrección, restauración e edición de cor
Contraste local
Enfoques, suavizados e tons creativos
Moldeado de luz
Fondos
Corrección de cor avanzada
MONTAXES
Selecciónes
Integración
Estrutura
Control de luces
Preparación de escenarios

DOCENTE: Nacho Lledó
Adobe Community Profesional, Adobe Community Manager User Group creado B, ACI Photoshop CC, CS6, CS5 y CS4, ACE Photoshop CC, CS6, CS5 y CS4, Máster en Multimedia e Video Interactivo e Máster de Deseño Gráfico e Autoedición.
enlaces:
https://www.facebook.com/nacho.lledo.3
https://es.linkedin.com/in/ignaciolledo
nacho@nacholledo.com

DESTINATARIOS
Calquera profesional ou afeccionado que teña uns coñecementos medios ou avanzados da fotografía e o uso da aplicación Adobe Photoshop, pode encontrar nesta formación unha gran cantidade de técnicas que lle van permitir afrontar novos retos e tarefas, dende un punto de vista máis profesional e produtivamente moito máis rápido.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todas a imaxes serán entregadas no momento necesario para realizar as tarefas axeitadas.

NECESIDADES
Ordenador portátil, co software instalado Adobe Photoshop CC (a ser posible, versións máis antigas tamén son compatibles co 95% das técnicas desenvolvidas) e un lapis de memoria de 2GB como mínimo.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

none

none

none

Fotomontaxes feitos a partir dos orixinais de: Calvin Hollywood, Olaf Giermann e Uli Staiger