Impartido por: Jorge Peral
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 4 horas
Horario: 16h a 20h
N.º de prazas: 14
Cuota de inscrición: 35 €
Datas: 29 de Xullo de 2015
DESCRICIÓN
Neste curso aprenderemos os principios básicos da creación dun comic, dende a idea básica ata a creación do guión e a fase de producción. Falaremos de narrativa secuencial e aprenderemos os principais recursos para poder facer un comic que funcione, empregando algunas das técnicas de creación habituais. Non se trata dun curso para aprender a debuxar, senon que aprenderemos a narrar una historia. O obxectivo do curso é crear o noso propio gag dunha páxina.
PROGRAMA
1ª HORA
PRESENTACIÓN: a importancia da narrativa e cómo comezar.
Tipos de comic (americano, europeo, xaponés) e as súas peculiaridades.
Autores determinantes.
TIPOS DE PLANO E ENCUADRE
PRÁCTICA: Exercicios sobre os tipos de plano.
O GUIÓN (cómo se fai, qué factores ter en conta para crear unha historia…)
O USO DAS PALABRAS
2ª HORA
TIPOS DE VIÑETAS: O TEMPO
O STORYBOARD
RECURSOS narrativos varios (splashpage, globos de texto eas súasdiferentes formas, etc).
DIFERENCIAS NARRATIVAS dependendo do tipo de historia.
3ª HORA
A LINGUAXE CORPORAL aplicada ao comic.
O PROCESO de creación
O ARTE FINAL.
CÓMO preparar un proxecto para unha editorial.
4ª HORA
PRÁCTICA
DOCENTE: Jorge Peral
Jorge Peral (1988) é un ilustrador e debuxante de comics de A Coruña. Co-fundador do colectivo Miñoco, Jorge colabora activamente na creación do fanzine de comics Compota de Manatí, que pronto terá a súa 3ª entrega. Paralelamente traballa como concept artist no estudio de videoxogos Gazpacho Games. Actualmente atópase traballando nunha novela gráfica longa con guión de Víctor Fernández.
DESTINATARIOS
Estudiantes, aficionados ou profesionais que queren aprender as principais claves e recursos narrativos para a creación dun tebeo.
NECESIDADES
No obradoiro teremos papel e lápices para tod*s, pero se queres traer o teu propio material non hai problema
-Material para entintar : rotuladores calibrados, con punta de pincel, tinta e pluma/pincel (o que prefira o alumno).
-Pintura/lápices de cores/acuarela, etc (OPCIONAL).
-Material para tomar apuntes.