Impartido por: Iñaki Quenerapú
Nivel: Iniciación
Duración: 32 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: máximo: 15, mínimo: 6
Cuota de inscrición: 160 €
Datas: 12, 13, 19 e 20 de setembro de 2015
DESCRICIÓN
Aprende HTML, a linguaxe coa que se constrúen as páxinas web; e CSS, a linguaxe de estilo coa que se xestiona o seu aspecto nos diferentes soportes (móbil, tableta, ordenador…)
Aprende PHP, a linguaxe de programación máis popular para construir sitios web complexos con plantillas HTML dinámicas. Aprende a combinalo con bases de datos para levantar sitios web grandes.
PROGRAMA
Entendendo a diferencia entre páxina web e sitio web.
Preparando un entorno de traballo eficaz.
Introducción ao HTML e comezar a construir con el.
Introducción ao CSS e comezar a combinalo co HTML.
Introducción a JavaScript (jQuery) e comezar a combinalo co HTML + CSS.
Traballando co framework Bootstrap: unha cómoda ferramenta para construir rápidamente sitios web sólidos e adaptables con HTML + CSS + jQuery.
Outros frameworks.
Exercicios prácticos despois de cada avance durante todo o obradoiro. Moitos.
Recursos e trucos para traballar mellor e máis rápido.
Por qué HTML non é unha linguaxe de programación pero PHP si.
Lóxica de programación.
Preparando un entorno de traballo eficaz.
Introducción ao PHP e comezar a construir con el.
Medrando no PHP: construindo as túas propias clases e funcións.
Combinando PHP e HTML para construir plantillas e páxinas dinámicas.
Combinando PHP e bases de datos para administrar contidos.
Exercicios prácticos despois de cada avance durante todo o obradoiro. Moitos.
Recursos e trucos para traballar mellor e máis rápido.
DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996 (a Web tiña só 3 anos daquela). Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.
http://linkedin.com/in/quenerapu
http://twitter.com/quenerapu
http://facebook.com/quenerapu
DESTINATARIOS
Este obradoiro está dirixido a xente con ganas de aprender a construir sitios web pola súa conta. Ben para proxectos propios, ben para comezar a adicarse profesionalmente a elo. Aprenderedes HTML+CSS+jQUERY a primera semana, e PHP e Bases de Datos a segunda.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Arquivos de vídeo co screencast do curso (captura en vídeo de todo o que se veu na pantalla do profesor + a súa voz). 16 horas de vídeo a modo de apuntes.
Arquivo comprimido contendo todo o material creado polo profesor durante o curso.
NECESIDADES
Ordenador portatil con conexión wifi. Opcional: smartphone e tableta.