Impartido por: Iñaki Quenerapú
Nivel: Iniciación
Duración: 16 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: máximo: 15, mínimo: 6
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 19 e 20 de setembro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Aprende PHP, a linguaxe de programación máis popular para construir sitios web complexos con plantillas HTML dinámicas. Aprende a combinalo con bases de datos para levantar sitios web grandes.

PROGRAMA
Por qué HTML non é unha linguaxe de programación pero PHP si.
Lóxica de programación.
Preparando un entorno de traballo eficaz.
Introducción ao PHP e comezar a construir con el.
Medrando no PHP: construindo as túas propias clases e funcións.
Combinando PHP e HTML para construir plantillas e páxinas dinámicas.
Combinando PHP e bases de datos para administrar contidos.
Exercicios prácticos despois de cada avance durante todo o obradoiro. Moitos.
Recursos e trucos para traballar mellor e máis rápido.

DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996 (a Web tiña só 3 anos daquela). Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.

http://linkedin.com/in/quenerapu
http://twitter.com/quenerapu
http://facebook.com/quenerapu

DESTINATARIOS
Este obradoiro está dirixido a xente que xa sabe construir páxinas web con HTML e CSS. Recomendamos encarecidamente facer antes o obradoiro «HTML+CSS+jQuery: construcción de páxinas web»

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Arquivos de vídeo co screencast do curso (captura en vídeo de todo o que se veu na pantalla do profesor + a súa voz). 16 horas de vídeo a modo de apuntes.
Arquivo comprimido contendo todo o material creado polo profesor durante o curso.

NECESIDADES
Ordenador portatil con conexión wifi. Opcional: smartphone e tableta.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!