Impartido por: Enrique Otero Neira (Brinka3D)
Nivel: Iniciación
Duración: Conferencia 1h resto do tempo conversación informal cos asistentes.
Horario: 18h a 21h
N.º de prazas: aforo máximo da Escola Unitaria
Cuota de inscrición: 0 €
DESCRICIÓN
Actividade de introducción a Impresión 3D que sirve de presentación ao Curso de Ensamblaxe da impresora BCN3D+ de Outubro. Realizarase unha pequena conferencia e responderanse as dúbidas dos asistentes.
PROGRAMA
– Introdución a Fabricación Dixital e o seu fluxo de traballo.
– Análise das diferentes tecnoloxías de Impresión 3D e as súas aplicacións.
– Presentación da impresora BCN3D+ de BCN Technologies (impresora FDM e RepRap).
– Distintos materiais de impresión e a conveniencia do seu uso.
– Realización dun exemplo práctico de impresión 3D ó longo da conferencia.
– Quenda de preguntas e posta en común cos asistentes.
DOCENTE: Enrique Otero Neira
Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D.
https://es.linkedin.com/pub/enrique-otero-neira/2a/972/197
https://twitter.com/Brinka3D
https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691
DESTINATARIOS
Esta actividade está dirixida a todos os públicos, en especial a aquelas persoas interesadas nas novas tecnoloxías e a impresión 3D e que estén interesadas no obradoiro de ensamblaxe.