Impartido por: María Lobo e Roi Guitián
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 16 horas.
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: sábado 19 e domingo 20 de setembro do 2015
DESCRICIÓN
Este curso propón un achegamento a diversas ferramentas de creación multimedia para organizar contidos e apoiar as exposicións, introducíndoas de forma creativa e adaptadas ao público obxectivo: presentación de proxectos, visibilidade de actividades ou elaboración de materiais divulgativos.
PROGRAMA
Claves para unha boa presentación: redacción e corrección (correctores de texto e dicionarios), lexibilidade, tamaños de letras, tipografías recomendadas, descargar e instalar tipografías.
Dereitos de autor e tipos de licenza (copyright, creative commons, copyleft). Bancos de imaxes, sons e vídeos con licenza creative commons. Utilización dos filtros do buscador de Google e de Youtube para encontrar e descargar imaxes e vídeos.
As imaxes dixitais: principais formatos, tamaño e resolución.
Infografías e deseño gráfico con Canva.
Creación de presentacións multimedia con Prezi: agrupar a información en marcos, integrar imaxes, vídeo e audio, configurar a medida e a posición dos obxectos, construír a ruta de navegación da nosa presentación, compartir e/ou descargar a nosa presentación.
Aprender a facer vídeos animados con Powtoon: personaxes, fondos, audios, efectos…
As liñas de tempo como ferramentas para a presentación de contidos en orde cronolóxico.
Issu, a revista online: unha atractiva e sinxela forma de compartir contidos.
Xogando coa multimedia: ao longo do curso, faremos diferentes xogo a modo de exercicios e retos de cara a elaborar un traballo final colectivo, que servira como como acompañamento práctico dos contidos teóricos.
DOCENTES:
María Lobo é xornalista e profesora de TIC. Dende Gingko, colabora con diferentes asociacións e centros de ensino como docente de innovación educativa e novas metodoloxías didácticas a partir das TIC
@wider_sight
https://www.linkedin.com/in/marialobo
Roi Guitián é realizador freelance especializado en comunicación e educación. Colabora con diferentes centros de ensino impartindo cursos de creación audiovisual para a integración das TIC na aula.
@roiguitian
https://es.linkedin.com/in/roiguitian
info@gingko.gal
www.gingko.gal
DESTINATARIOS
Este curso, de nivel de iniciación, está destinado a estudantes, docentes e profesionais que queiran ampliar as súas competencias comunicativas e analizar o uso das TIC para apoiar esta labor.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Ao final do obradoiro, os alumnos recibirán os materias teóricos empregados na aula con enlaces a titoriais das diferentes aplicacións empregadas.
NECESIDADES
Para participar no curso é necesario que cada alumno traia o seu propio ordenador. Para as diferentes prácticas empregaremos software libre e ferramentas gratuitas online. É recomendable traer o software Gimp instalado.