Impartido por: Michel Martín
Nivel: Avanzado
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Datas: 17 e 18 de outubro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Malia que hoxe en día dispoñemos nos nosos fogares do que consideramos que é un verdadeiro estudo de grabación profesional, non sabemos moi ben porqué non conseguimos case nunca os resultados desexados nas nosas grabaciones domésticas. Está claro que a dificultade de intentar controlar algo que é do todo invisible, como no caso do son, resulta extremadamente complicado sen uns coñecementos apropiados nas técnicas de captación profesional.

Neste curso intensivo o enxeñeiro de son e productor musical Michel Martín, descubriranos algunhas das claves para obter unha toma de son do todo profesional e conseguir uns resultados moito máis satisfactorios ao contarnos como pensa un verdadeiro enxeñeiro de son á hora de enfrontarse á fase de grabación e á mestura musical.

PROGRAMA
Día 1: ”360 posibilidades á hora de gravar cun só micrófono”.
Como adiantar a mestura musical a tómaa microfónica en función do estilo musical e as características da interpretación.

Día 2: ”Introdución á mestura musical desde unha perspectiva musical e técnica”
Organización da mestura para obter un son 3D dominando a amplitud estéreo, a definición e a profundidade.

DOCENTE
Michel Martín (Madrid, 1965) é productor musical, enxeñeiro de son, consultor independente e formador.

Michel Martín é Titulado en Sistemas de Audio e Sonorización pola Universidade Politécnica de Valencia, e conta con estudos de electrónica, psicoacústica, música, acústica e electroacústica. Ten ademais, unha gran traxectoria profesional, tras máis de 35 anos no mundo das grabaciones musicais e a sonorización de concertos en multitude de viras de gran renombre, cun bagaxe de máis de 4.500 concertos.
Michel Martín conta tamén con máis de 18 anos de experiencia docente como profesor experto en son e en todos os aspectos técnicos que supoñen unha produción musical de calidade. dirixiu cursos en diversas escolas públicas e privadas e en CICE, onde imparte na actualidade dous cursos sobre Técnicas de Produción Musical e Perfeccionamiento da Mestura Musical. Tamén formou parte do plantel docente doutras recoñecidas escolas como o CEV ou o SAE INSTITUTE. Michel Martín é tamén conferenciante habitual en multitude de universidades do territorio nacional.
Se queres saber máis de Michel Martín, podes ir directamente ao seu web pulsando aquí:

https://sonidomichelmartin.wordpress.com/cv/

DESTINATARIOS
A estudantes e profesionais do sector de son (Técnico de son de directo, estudo, músicos e productores musicais), que desexen ampliar os seus coñecementos sobre o mundo da produción e o tratamento do audio profesional para a mestura en estudo e en directo, así como para a grabación musical.

MATERIAL INCLUÍDO
O curso é presencial e describe unha filosofía de traballo, entregaremos copia en papel dos dous powerpoint que utilizo para cada un dos días (grabación e mestura) para que así os asistentes poidan tomar notas adicionais, así como as sesión (ou sesións) multipista de protools que utilice como exemplo, a todos os asistentes que traian un pen drive de polo menos 4 Gb de capacidade compatibles co sistema operativo de Mac.

NECESIDADES
Só o necesario para tomar notas…